A partir de mañá, martes, día 31, poderán presentarse xa as solicitudes das axudas europeas do Leader que serán xestionadas polos diferentes grupos de desenvolvemento rural (GDR). O Diario Oficial de Galicia (DOG) publicou hoxe a convocatoria destas subvencións para as anualidades 2017 e 2018.
En total, está prevista unha achega de 21,15 millóns de euros nestes dous anos, a razón de 13,52 millóns de euros en 2017 e outros 7,63 millóns en 2018. Estas achegas están cofinanciadas co Feader no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020.
O prazo de presentación será de, como mínimo, un mes
O prazo de presentación de solicitudes será dun mes, como mínimo, e iniciarase este martes, permanecendo aberto durante todo o período de execución da medida Leader, coa data límite que determine cada un dos 24 grupos en función da dispoñibilidade de fondos. A distribución por GDR aparece publicada, como anexo, na convocatoria do DOG.
Distribución por GDR para o financiamento da submedida 19.2 de Leader
(apoio para a realización de operacións conforme a estratexia de desenvolvemento local) Convocatoria 2017-2018
Número e nome do GDR |
Anualidade 2017 |
Anualidade 2018 |
Suma de anualidades 2017 e 2018 |
GDR 01: Terras de Miranda |
563.337,58 |
278.567,66 |
841.905,24 |
GDR 02: Terra Chá |
563.337,58 |
370.536,91 |
933.874,49 |
GDR 03: Montes e Vales Orientais |
563.337,58 |
431.381,93 |
994.719,51 |
GDR 04: Comarca de Lugo |
563.337,58 |
283.041,43 |
846.379,01 |
GDR 05: Miño Ulla |
563.337,58 |
324.698,13 |
888.035,71 |
GDR 06: Ribeira Sacra |
563.337,58 |
406.098,17 |
969.435,75 |
GDR 07: Valdeorras |
563.337,58 |
330.137,56 |
893.475,14 |
GDR 08: Sil Bibei Navea |
563.337,58 |
420.721,75 |
984.059,33 |
GDR 09: Monteval |
563.337,58 |
319.860,05 |
883.197,63 |
GDR 10: A Limia Arnoia |
563.337,58 |
354.628,64 |
917.966,22 |
GDR 11: Adercou |
563.337,58 |
283.041,43 |
846.379,01 |
GDR 12: O Carballiño-O Ribeiro |
563.337,58 |
301.819,75 |
865.157,33 |
GDR 13: Condado Paradanta |
563.337,58 |
278.567,66 |
841.905,24 |
GDR 14: Baixo Miño |
563.337,58 |
281.702,08 |
845.039,66 |
GDR 15: Pontevedra-O Morrazo |
563.337,58 |
291.323,57 |
854.661,15 |
GDR 16: Pontevedra Norte |
563.337,58 |
343.968,46 |
907.306,04 |
GDR 17: O Salnés-Ulla-Umia |
563.337,58 |
278.567,66 |
841.905,24 |
GDR 18: Deloa |
563.337,58 |
278.567,66 |
841.905,24 |
GDR 19: Terras de Compostela |
563.337,58 |
278.567,66 |
841.905,24 |
GDR 20: Ulla-Tambre-Mandeo |
563.337,58 |
302.339,09 |
865.676,67 |
GDR 21: Ordes |
563.337,58 |
279.816,05 |
843.153,63 |
GDR 22: Costa da Morte |
563.337,58 |
315.295,31 |
878.632,89 |
GDR 23: Mariñas Betanzos |
563.337,58 |
292.662,93 |
856.000,51 |
GDR 24: Seitura 22 |
563.337,66 |
304.088,46 |
867.426,12 |
Importes totais |
13.520.102 |
7.630.000 |
21.150.102 |
A conselleira do Medio Rural, Ángeles Vázquez, destacou a importancia destas axudas, que –sinalou– suporán a inxección de 84 millóns de euros para o agro galego ata o final do período de vixencia (ata o 2020). Ademais, lembrou o enfoque Leader de “abaixo cara arriba”, que garante a participación dos axentes locais no deseño e execución das estratexias de desenvolvemento rural e que se plasma na xestión que levan a cabo os GDR.
Enlace á resolución de convocatoria das axudas no DOG