Aprazado ao 16 de outubro o curso sobre xestión de persoal en ganderías

Publicidade
Aprazado ao 16 de outubro o curso sobre xestión de persoal en ganderías
Data inicio: 16/10/2020
Data fin: 16/10/2020
Lugar: Xunta De Galicia - Edificio Administrativo - Lugo, Ronda da Muralla, Lugo, España

O edificio administrativo da Xunta de Galicia en Lugo acollerá finalmente o próximo 16 de outubro -incialmente estaba prevista para o 18 de setembro- unha xornada formativa sobre a xestión do persoal nas ganderías. Baixo o título Novas estratexias de revalorización e de xestión técnico-económica das explotacións galegas co emprego de novas tecnoloxías e benchmarking, o curso busca ofrecer claves a aqueles gandeiros interesados en mellorar a organización laboral da empresa. 

Trátase dunha sesión dinámica en grupo, na que os participantes afrontarán situacións similares ás que lle poden xurdir nas súas ganderías. O curso levarase a cabo en horario de 9:00 a 14:00 horas e pola tarde de 16:00 a 21:00 horas. 

Dada a situación sanitaria actual, o curso contará con 10 prazas. As persoas interesadas na actividade poden formalizar a inscrición remitindo un email a lideresenbienestar@gmail.com. O seminario inclúese no programa para o apoio ás actividades de demostración e información ó agro galego 2020, cofinanciado con fondos europeos.

curso xestion persoal ganderias

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información