Data inicio: 25/05/2018
Data fin: 26/05/2018
Lugar: Verín, Ourense
Os próximos venres 25 e sábado 26 de maio desenvolverase un curso sobre viños xenerosos na DO Monterrei. A actividade, organizada polo Consello Regulador da denominación de orixe, ten por obxectivo amosar a historia e tipoloxía deste tipo de viños, caracterizados por unha crianza particular que lles outorga maior graduación alcólica, situándose no entorno dos 20º. Exemplos coñecidos de viños xenerosos son os Jerez e Oporto.
O curso, de carácter gratuíto, está destinado a un máximo de 18 personas e será impartido por Luis Paadín y Alejandro Paadín, formadores oficiais homologados polos consellos reguladores de Jerez. A actividade desenvolverase na adega Alba Al-bar (Daniel Fernández) en horario de 19 a 21.30 horas o venres 25 e de 10.30 a 13 horas o sábado 26.
Para asistir ó curso ‘Aproximación ós viños xenerosos’, será necesario inscribirse na sede do Consello Regulador, ben no teléfono 988-590.007, ben no e-mail info@domonterrei.com.