Curso sobre aplicacións informáticas para a xestión das axudas da PAC

Curso sobre aplicacións informáticas para a xestión das axudas da PAC

A Consellería do Medio Rural, a través da Axencia Galega da Calidade Alimentaria (Agacal), organiza un curso sobre aplicacións informáticas para a xestión da PAC. A acción formativa desenvolverase o vindeiro xoves 12 no Centro Sociocultural de Friol ao longo dunha xornada en horario de 15:45 a 20:45 horas.

O curso está dirixido a calquera persoa vinculada profesionalmente cos sectores produtivos relacionados coa agricultura, gandaría, industria agroalimentaria e cadea forestal-madeira, así como mozos e mozas do medio rural galego e persoas con expectativas de incorporación ao sector.

Ao longo das cinco horas de duración desta acción formativa, instruirase aos alumnos na actualidade sobre a xestión da PAC e a súa condicionalidade, ademais da presentación das aplicacións informáticas relacionadas coa materia. Deste xeito, ensinarase o funcionamento das apps Sga@pp, Sgafot, InfoPAC, consultas PAC (que se encontra na web do Fondo Galego de Garantía Agraria -Fogga-) e xestión información Sixpac.

Con esta programación, o obxectivo principal do curso é facer chegar aos titulares de explotacións agrarias a información precisa para que poidan anticiparse aos cambios tecnolóxicos que se precisan para xestionar as parcelas suxeitas ás axudas PAC, a súa condicionalidade e a subida de datos ás plataformas de xestión mediante apps específicas.

Todos os interesados poderán anotarse no curso cubrindo a solicitude dispoñible na páxina web da Consellería do Medio Rural. Esta deberá remitirse finalmente ao correo electrónico jose.rocha.grande@xunta.gal. Tamén poden chamar ao número 982 294 936 para máis información.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información