Curso para obter a certificación europea de motoserrista

Esta acción formativa impartiraa o centro de promoción rural-EFA de Fonteboa entre os vindeiros 28 e 31 de marzo deste ano. Ten unha duración de 20 horas e ofértanse 8 prazas

Curso para obter a certificación europea de motoserrista

O nivel do curso correspóndese cun ECC1

A EFA de Fonteboa, en colaboración coa empresa The Navigator, impartirá o curso para obter o carnet europeo de motoserrista (ECC). Esta formación impartirase entre o 28 e o 31 de marzo entre as 14.00h e as 19.00h, cunha duración total de 20 horas. O número total de prazas é de 8, polo que é necesario inscribirse.

Esta certificación ten un nivel ECC1 no que se aborda ‘Mantemento da motoserra e técnicas de tronzado básico’. O coste do curso é de 220€, cunha redución de 15€ para os socios EFA Fonteboa. As taxas do exame son 195€, e existe a posibilidade de alugar máquina e EPIs. Aquelas persoas que traballen como autónomos, traballadores forestais ou de xardinería teñen unha bonificación pola que reciben un 20% de desconto.

Este tipo de cursos só a poden impartir centros homologados, como é o caso de Fonteboa. Igualmente, aquelas persoas que teñan algunha dúbida ao respecto poden contactar co centro no 981 733 051, enviando un correo electrónico a fonteboa@fonteboa.es, ou a través da súa páxina web.

Cartel de resumo do curso de ECC

Cartel de resumo do curso de ECC

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información