O Sindicato Labrego Galego organiza en Vilalba (Lugo), un Curso de Elaboración de Queixos e outros Produtos Lácteos, impartido polo mestre e afinador queixeiro José Luís Martín.
A formación impartirase na Escola Habanera de Santaballa dos días 18 ao 22 de xullo, en horario de mañá (10h. a 14h.) ou tarde (16h. a 20h.).
Poden acceder a esta formación persoas laboralmente activas: empregadas, autónomas e demandantes de emprego. Excluído o persoal das administracións públicas.
Máis información: vilalba@sindicatolabrego.gal ou nos teléfonos 982 512 431 e 604 026 536