Curso de iniciación á apicultura na Pobra do Caramiñal

Será o 9 de marzo e aprenderanse os primeiros pasos no traballo da apicultura

Curso de iniciación á apicultura na Pobra do Caramiñal

A Asociación Galega de Apicultura organiza un curso de iniciación á apicultura. Este curso celebrarase na Pobra do Caramiñal o día 9 de marzo de 10:00 da mañá até as 19:30 horas da tarde. Aprenderanse os primeiros pasos como coñecer unha colmea, conceptos e manexos básicos e, se o tempo o permite, visitarase un apiario.

Para participar no curso hai que anotarse, pois o número de prazas é limitado, no enderezo dagabarbanza@elmuelle.es.

A matrícula para entrar será de 5€ para socios da Asociación Galega de Apicultura (AGA) e para non socios o prezo será de 15€.

IMG-20240116-WA0006

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información