A localidade de Arzúa será o lugar onde se celebre a Xuntanza Abelleira este sábado, 16 de marzo. Os diferentes actos realizaranse dentro do Mercado Centro Multiusos “Terra do Queixo”. Aproveitando o encontro, celebrarase a votación para a nova Xunta Directiva da Asociación Galega de Apicultura.
A nova edición abrirá as portas ás 10:00 da mañá o sábado 16 de marzo e ás 10:30 realizarase a presentación de candidaturas para a Xunta Directiva. Haberá dúas asembleas extraordinarias e outra ordinaria.
As urnas estarán abertas de 10:30 a 13:30 e o escrutinio da votación será entre as 13:30 e as 14:00.
Pola tarde impartiranse tres conferencias. A primeira estará a cargo de Josep María Bas, quen falará sobre o control do tártago na poboación de abellas. Seguidamente Eloy Álvarez será quen imparta a conferencia sobre a vespa velutina. Por último, Carlos Zafra será o experto que imparta a palestra sobre a varroa.
A exposición e venda de produtos estará aberta desde as 10:00 até as 19:00.