Curso de aproveitamento resineiro en Vimianzo

Curso de aproveitamento resineiro en Vimianzo

Piñeirais resinados.

Vimianzo acolle este mes un curso sobre aproveitamento resineiro como vía para a xestión integral dos piñeirais, con usos de madeira, resina, cogomelos e gando.

A formación, impartida pola empresa Foresín, ten entre os seus obxectivos dotar ós propietarios forestais e profesionais do sector das competencias técnicas relacionadas coa xestión integral dos piñeirais mediante o uso de madeira, resina, cogomelos e gandería. O curso é de balde e ten unha duración de 40 horas.

Datas:
16, 17, 18, 21, 22, 23 e 24 de Novembro – 9h a 13h
25 e 26 de Novembro – 9h a 15h

Localización:

Casa da cultura de Vimianzo (R/Braña, s/n, Vimianzo)

Información:

informacion@foresin.es
680208320 – 611413582

Preinscripción:
https://foagro.xunta.gal/foagro/inscripcion/publica/accionsFormativas

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información