A Sat Abella Lupa organiza ao longo do mes de marzo un curso de apicultura ecolóxica. Trátase dunha formación de 16 horas que se celebrará os sábados e domingos 4 e 5 e 11 e 12 de marzo en horarios dende as 10:00 ata as 14:00 horas tódolos días.
Impartirase no Centro Cultural de Paraños, no concello de Covelo, en Pontevedra, e inclúe visita ao Centro de interpretación da ceraría de Paraños, Favum.
Podes descargar aquí o programa e a ficha de matriculación.
O prezo é de 70 euros, Ive incluído. Máis información: info@abellalupa.com