Curso básico de viticultura e enoloxía

Publicidade
Curso básico de viticultura e enoloxía

Socalcos de viñedos sobre o río Mandeo, en Betanzos

A Fundación Juana de Vega, en colaboracón co Centro de Formación e Experimentación Agroforestal de Guísamo, imparte un “Curso básico de viticultura e enoloxía”, para a obtención dunha uva de calidade e para a súa posterior transformación. O curso ten unha duración de 100 horas e impartirase de febreiro e decembro deste ano.

Este curso básico de viticultura e enoloxía ten un enfoque eminentemente práctico, cunha duración descontinua que vai de febreiro a decembro, o que permite a formación práctica en todas as operacións que se desenvolven nun viñedo e nunha adega, desde a implantación ou mantemento da viña aos procesos de elaboración de viño na adega.

Realizarase o seguimento en finca de todo o ciclo vexetativo das variedades brancas (branco lexítimo, godello, agudelo, albariño, etc.) e tintas (mencía, brancellao, merenzao, sousón, etc.) e da elaboración e control de vinificación de viño branco e tinto na adega do CFEA.

Todas as sesións terán lugar no CFEA de Guísamo agás a inauguración e clausura do curso, así como as sesións que se indican no calendario que terán lugar na sede da Fundación Juana de Vega en San Pedro de Nós (Oleiros). Para más detalle ver o programa do curso.

Horario do curso:

Aulas en CFEA de Guísamo: de 16:30 h a 20:30 h.
Aulas na Fundación Juana de Vega: de 16:00 h a 20:00 h

Carteles_Cursos

Descarga aquí o programa e o formulario de inscrición

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información