Créase un ‘banco de terras’ dixital para 25 concellos da Limia – Arnoia

O Grupo de Desenvolvemento Rural Limia - Arnoia pon en marcha unha plataforma dixital para conectar ás explotacións demandantes de terras coas persoas propietarias interesadas na venda, aluguer ou cesión

Créase un ‘banco de terras’ dixital para 25 concellos da Limia – Arnoia

Esta iniciativa do Grupo de Desenvolvemento Rural da Limia-Arnoia aposta pola creación dunha plataforma dixital a modo de 'banco de terras'

O proxecto Aterra é unha iniciativa posta en marcha polo Grupo de Desenvolvemento Rural Limia – Arnoia que ten como obxectivo recuperar unha parte da produción agraria abandonada e facilitar o acceso á terra agraria. Deste modo, é así o primeiro proxecto de xestión de terras a nivel comarcal que se implementa dende a base. A súa presentación terá lugar o vindeiro día 30 de novembro ás 12.30h no salón de actos do concello de Sarreaus.

Ca súa posta en marcha crearase unha plataforma -aterra.gal-para conectar ás persoas que demanden terra para a creación ou ampliación dun proxecto agrícola ou gandeiro con aquelas persoas que propietarias de terras ou empresas en funcionamento interesadas nunha cesión, aluguer ou venda. En definitiva, o que se pretende é frear o abandono dos proxectos agrícolas e poñer en contacto ás persoas que demandan terreos coas que os ofertan.

O ámbito de actuación de Aterra son os 25 municipios da provincia de Ourense que forman parte do territorio GDR Limia Arnoia e que pertencen ás comarcas de Allariz- Maceda, A Limia, Baixa Limia e Terras de Celanova. Nesta iniciativa participan tamén oficinas agrarias comarcais, asociacións agrarias profesionais e universidade.

O programa da presentación do proxecto é o seguinte:
12:30h: Benvida. Marian Novoa (GDR Limia-Arnoia)
12:33h: Presentación e introdución ao GDR e á problemática do acceso á terra. Gumersindo Lamas Alvar, Presidente do GDR Limia-Arnoia
12:45h: Mesa de experiencias ‘O acceso á terra no territorio Limia Arnoia en proxectos subvencionados polo Leader’. Modera X.M. Puga (GDR Limia Arnoia) e intervirán:
– Carmen de Ecoleia. 30 anos de aproveitamento do monte comunal para a produción de leite ecolóxica. Allariz
– Isabel Santos, de Cooperativa Bustelo
– Ivén Cubillas, de A Vaquería en Baltar
– Tonecho, de Gandería Balín de Verea
13:05h: Presentación e demostración da iniciativa Aterra

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información