Concentración en Ourense para esixirlle á Xunta que non sacrifique as vacas sans nas ganderías con positivos por tuberculose

Concentración en Ourense para esixirlle á Xunta que non sacrifique as vacas sans nas ganderías con positivos por tuberculose

Esta mañá tivo lugar diante ante a Delegación da Xunta de Galicia en Ourense unha concentración en apoio á granxa de vacún de carne de Manzaneda á que a Xunta obrigou a enviar ao matadoiro 46 animais sans tras detectar un positivo por tuberculose.

A concentración, convocada polo Sindicato Labrego Galego, tamén serviu para a protestar polo que consideran “indemnizacións de miseria” ás ganderías afectadas por un baleirado sanitario, unha situación que aseguran está vinculada á declaración de Zona de Prevalencia 0 de Tuberculose no territorio galego .

A secretaria Xeral do Sindicato Labrego Galego-Comisións Labregas (SLG-CCLL), Isabel Vilalba, cualificou de “barbaridade que, dende que no 2021 se declarou a Galicia zona libre de tuberculose, a Xunta para manter este estatus sanitario cando aparece algún positivo nas probas de laboratorio nunha granxa de vacún todos os animais sans tamén obriga a envialos ao matadoiro”.

“É unha situación inxusta para as ganderías galegas, porque noutras Comunidades con tasas de tuberculose algo máis elevadas que as de Galicia, se pasara este caso a administración autonómica non realizaría baleirado sanitario, senón que seguiría facendo probas para comprobar que non aparecen máis positivos”, engadiu.

Por último, Isabel Vilalba advertiu de que “co baleirado sanitario tampouco se garante que se erradica a enfermidade, pois hai reservorios da enfermidade na fauna silvestre e nada impide que as novas vacas que entren se podan volver contaxiar”.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información