China compra cada vez menos viño

Publicidade

china importacions viño 1 oemvA poboación chinesa compra cada vez menos viño, sobre todo ao exterior. En concreto, tras alcanzar o seu máximo histórico en 2017 con 751 millóns de litros, China importou pouco máis de 430 millóns en 2020. Os efectos da pandemia do coronavirus Covid19 non fixeron senón acentuar a crise das importacións neste mercado asiático, que pecharon o pasado ano cun descenso que rozou o 30% respecto de 2019.

Así se recolle nun informe realizado polo Observatorio Español del Mercado del Vino e dispoñible grazas ao acordo de colaboración coa Organización Interprofesional del Vino de España.

O pasado ano todas as categorías de viños rexistraron fortísimas caídas, nun mercado no que o viño envasado non espumoso representou máis do 70% do volume e do 90% do valor total. Granel e bag-in-box baixaron de prezo en torno ao 15%, con forte subida en envasados e espumosos.

china importacions viño 2 oemv

china importacions viño 3 oemv

Os 15 principais provedores rexistraron notables perdas salvo Arxentina, cuxo volume exportado a China triplicouse grazas a unhas vendas dun granel moi barato. En envasados, motor das compras, non se salva ninguén. Chile foi o que máis caeu e pasa de primeiro a terceiro provedor en volume, superado por Australia e Francia.

china importacions viño 5 oemv

O viño español perde cota, aínda que permanece como o cuarto máis importado. En concreto, España mantense como cuarto exportador de viño a China en volume a pesar de caer un 37,4% en 2020 até os 40,7 millóns de litros, 24,4 millóns menos que en 2019 e moi lonxe dos 134,4 millóns vendidos en 2017, o seu mellor ano até a data. En valor, as exportacións españolas de viño a China ascenderon a 622 millóns de yuans (-32%), cuxo prezo foi o segundo máis baixo entre os 15 analizados, só por riba de Moldavia.

china importacions viño 6 oemv

En definitiva, China reduciu as súas importacións de viño en 2020 un 30% en volume e máis do 25% en valor, a un prezo un 6% superior.

“Moitos achacan o desastre das importacións chinesas á pandemia de coronavirus, que levou importantes restricións comerciais; e claro que afectou, aínda que hai que puntualizar que as compras chinesas xa viñan caendo en picado desde 2018, tras alcanzar máximos históricos en 2017 e rexistrar un desenvolvemento excepcional desde o ano 2000”, explican desde o Observatorio Español del Mercado del Vino.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información