Central Lechera Asturiana súmase tamén ás bebidas vexetais

Central Lechera Asturiana súmase tamén ás bebidas vexetais

Central Lechera Asturiana lanza Vegetánea, a nova gama de produtos 100% vexetais composta por catro referencias para o mercado gran consumo; soia, avea, améndoa, arroz e dúas referencias para o mercado de hostalaría: soia e avea.

Desde a cooperativa asturiana destacan que “todos os produtos son elaborados en España a partir de ingredientes naturais e sen azucres engadidos. Ademais, dispoñen dunha lista curta de ingredientes sen E-s artificiais. Tamén nos seus envases conteñen o selo V-Label, o que os fai aptos para calquera tipo de dieta”.

No que se refire ao prezo, o brik de bebida de soia terá un prezo aproximado aos 1,24 euros. A bebida de avea 1,59 euros, mesmo prezo de referencia ao que se poderá atopar a bebida de arroz, mentres que a bebida de améndoa estará na contorna dos 1,74 euros.

Central Lechera Asturiana anuncia que “ao longo deste ano Vegetánea irase desenvolvendo e crecendo co obxectivo de incorporan novas referencias que complementen a oferta desta gama de produtos”.

 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información