A Mesa de Prezos da Indicación Xeográfica Protexida Ternera Gallega acordou esta mañá unha baixada xeral das cotizacións. En concreto, en tódalas categorías da calidade Suprema a baixada foi de 0,06 euros. Mentres, na sección Tenreira, a redución foi de 0,04 euros.
A sesión levouse a cabo de xeito telemático, xa que os mercados continúan suspendidos por mor da declaración do estado de alarma decretado polo coronavirus. Así, a mesa de prezos do gando de abasto non se convocou ó non se ter celebrado o mercado habitual dos mércores no recinto feiral de Amio, en Santiago.
Máis información:
– Táboa de cotizacións de Ternera Gallega (01-IV-2020).