Baixada do gando vacún en Silleda

Os prezos do gando vacún, tanto becerros de recría como vacún maior, baixaron este martes en Silleda. Sen cambios nas cotizacións do porco cebado, ovos e bacoriños. Cotizacións da Central Agropecuaria de Galicia/ Abanca do 29 de agosto

Baixada do gando vacún en Silleda

A xornada este martes da Central Agropecuaria de Galicia/ Abanca caracterizouse pola baixada nos prezos do gando vacún, tanto becerros de recría como vacún maior. As cotizacións do porco cebado, a dos ovos e a dos bacoriños mantívose sen cambios, e sobe a dos coellos.

Así, nos tenreiros de recría de raza Frisoa os prezos este martes baixaron en todas as categorías respecto á pasada semana. Así, na de menos de 20 días, a cotización media baixou ata os 87 euros, sete menos que na pasada poxa. E na de 21 a 50 días, a categoría máis numerosa e representativa, a media caeu ata os 122 euros por xato, cinco menos que a pasada semana. Na categoría dos tenreiros de máis de 51 días, o prezo medio caeu ata unha media de 155 euros, fronte aos 157 da última poxa.

Nos becerros de Cruzamento industrial a tendencia foi tamén á baixa, pero con excepcións. Así, na categoría de menos de 20 días as cotizacións medias caeron nos machos ata os 216 euros, fronte aos 281 da pasada poxa. Porén, na categoría máis numerosa e representativa, a de 21 a 50 días, o prezo medio dos machos subiu ata os 273 euros de media, fronte aos 265 do pasado martes. Nas femias, pola contra, os prezos baixaron lixeiramente ata unha media de 192 euros, dous menos que na anterior sesión. En canto aos xatos de máis de 51 días, o prezo medio caeu claramente ata os 359 euros, fronte aos 399 euros de media da última subasta.

Polo demáis, hoxe houbo record de asistencia de becerros, 829 animais, cifra que non se acadaba dende o 14 de xaneiro de 2014 cando asistiron 889.

No vacún maior a tendencia xeral foi tamén a unha lixeira baixada dos prezos, agás no desvelle Deste xeito, quedaron en 1.087 euros de media en categoría primeira, 717 en segunda -a máis numerosa- e 470 na de desvelle. A pasada semana as cotizacións foron de 1.094, 719 e 452 euros, respectivamente.

As cotizacións quedaron da seguinte maneira:

SILLEDA_AGOSTO_VACUN_17_5

Estabilidade nos ovos e suba no coello

Polo que respecta ás mesas de prezos, nos ovos acordouse manter de novo as cotizacións da pasada semana nas categorías M e a S nos 1,17 e 0,91 euros, respectivamente, e o mesmo para as L e XL, que quedaron en 1,35 e 1,51 euros a ducia, respectivamente.

O coello subiu na Lonxa de Madrid dez céntimos ata os 1,70 euros o quilo.

Sen cambios no porco cebado e nos bacoriños

En canto ao porco cebado, a mesa de prezos acordou manter as cotizacións da pasada semana. Así as categorías Selecta e Normal quedaron nos 1,490 e 1,465 euros por quilo, respectivamente. A Canle II mantívose nos 1,903 euros por quilo e o desvelle nun intervalo de prezos de entre 0,87 e 0,93 euros o quilo.

En canto aos leitóns, acordouse tamén manter as cotizacións nos 36 euros para os procedentes de varias explotacións e os 41 euros para os procedentes dunha única explotación.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información