Alúgase ou véndese moderna gandaría de vacún de leite en Rodeiro

Alúgase ou véndese moderna gandaría de vacún de leite en Rodeiro

Alúgase ou véndese unha moderna gandaría de vacún de leite en Rodeiro (Pontevedra), construída no ano 2009.

Nave para 60 vacas en produción, fosa de xurro de 600 metros cúbicos, 3 silos de 40X6 metros, instalacións para vacas secas coas condicións adecuadas para o seu manexo, sala de muxido de 10 puntos con retirada e medición automáticas.

A nave está dentro dunha parcela de 3,9 hectáreas. Acceso directo desde a vía pública. Actualmente atópase en funcionamento e en moi boas condicións coa posibilidade de poder ampliar.

Opción de dispor tamén da base territorial da explotación, unhas 30 hectáreas de terreo nun radio próximo.

Opción de venda ou de aluguer.

As persoas interesadas chamar ao 661443199

Agroxaqui-granxa- Granxa-Agroxaqui-Rodeiro- Sala-de-muxido-espina-de-pescado-Agroxaqui-Rodeiro-

aluguer rodeiro 4 aluguer rodeiro 3

aluguer rodeiro 7

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información