Agromuralla celebra o Día Mundial do Leite en Lugo

Agromuralla celebra o Día Mundial do Leite en Lugo

A asociación Agromuralla, formada por gandeiros e gandeiras das provincias da Coruña e Lugo, celebrou o Día Mundial do Leite cun acto informativo na cidade de Lugo onde a cidadanía puido descubrir que hai detrás dun vaso de leite.

Con este obxectivo, durante todo o día membros da asociación colocaron un stand informativo na Praza Horta do Seminario, que puido visitarse até as 8 da tarde e onde os que se achegaron tiveron a posibilidade de sentirse “gandeiros por un día” e levando para a súa casa “un saboroso agasallo”.

“Quixemos achegar o noso traballo ao consumidor e concienciar ao público máis urbano dos beneficios sociais e ambientais que aporta o sector agrogandeiro para o mantemento da poboación e a paisaxe das zonas rurais”, explican desde Agromuralla.

Desmontando bulos e fake news

Como cada 1 de xuño, celébrase o Día Mundial do Leite, unha efeméride establecida no ano 2001 pola FAO para destacar a importancia do leite como alimento fundamental para a humanidade e recoñeder o traballo dos gandeiros que o producen.

Na mesa informativa instalada por Agromuralla o consumidor puido recibir información sobre as características nutricionais do leite, fonte de calcio, vitaminas e minerais e un dos produtos máis completos na dieta humana.

Agromuralla quere desmontar bulos e “fake news” que proliferan na actualidade, xa que, aseguran, “a inmensa maioría das mensaxes que circulan sobre os supostos perigos asociados ao consumo de produtos lácteos son erróneas, o mesmo que as que defenden que as bebidas vexetais son sustitutivas do leite”

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información