Agricultura subvenciona o custo dos avais para a compra de maquinaria agrícola

O Ministerio publicará proximamente a convocatoria das subvencións, dotadas con 3 millóns de euros

Agricultura subvenciona o custo dos avais para a compra de maquinaria agrícola

O Consello de Ministros aprobou hoxe as bases reguladoras das subvencións para facilitar o crédito ligado á compra de maquinaria agrícola nova. En concreto, o Ministerio subvencionará o custo do aval por un importe de ata 100.000 euros durante os 10 primeiros anos do crédito avalado, con posibilidade dun ano de carencia. Os custos do aval subvencionado correspóndense á comisión do aval (1,15% do saldo vivo do crédito durante tódolos anos de vixencia) e o correspondente á comisión de estudo (0,5% do importe solicitado, que se paga unha vez ó inicio do crédito).

Trala aprobación das bases reguladoras, o Ministerio publicará proximamente a convocatoria correspondente a 2021, cunha dotación total de 3 millóns de euros. Mediante esta liña, subvencionarase ata o 100% do custo dos avais concedidos pola Sociedade Anónima Estatal de Caución Agraria (Saeca).

Os apoios, orientados a profesionais do agro e a empresas de servizos agrarios, oriéntanse á compra de calquera equipo que teña que ser inscrita de xeito obrigatorio no Rexistro Oficial de Maquinaria Agrícola. Entre outras máquinas, inclúense tractores, remolques agrícolas, cisternas, equipos de tratamentos fitosanitarios ou accesorios de distribución localizada de xurros.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información