As adegas pequenas son as máis castigadas pola crise do Covid19: Un 25% menos de vendas en 2020

Publicidade

IMPACTO COVID VINO OEMV 2020 0As adegas pequenas están a ser as máis castigadas pola crise do Covid19 debido á perda de vendas na canle horeca (hoteis, bares e restaurantes. En concreto, o seu volume de vendas no mercado español caeu nun 25% en 2020.

Esta é unha das conclusións do proxecto “Evolución das Canles de Venda do Viño en España”, realizado polo Observatorio Español del Mercado del Vino (OeMv) e Wine Intelligence por encargo da Organización Interprofesional del Vino de España (OIVE)

Para realizar este estudo realizouse unha enquisa con adegas españolas entre xuño e xullo deste ano, con respostas de 110 das principais adegas españolas. Os resultados son que un 82% delas viron reducido o seu volume de vendas no mercado español en 2020 por comparación co ano anterior. De media, as adegas viron reducido o seu volume de vendas en España ao redor dun -18%. E foron as adegas pequenas as que máis sufriron (-25% en volume), ao non poder compensar en igual medida que moitas outras as perdas sufridas na canle HoReCa, nin por incrementos na canle de alimentación nin por vendas directas.

En concreto, en canto á variación das canles de venda segundo o tamaño das adegas, o estudo conclué que: 

-As adegas pequenas (menos de 500 mil L) en 2020 viron reforzada a súa venda directa e algo as vendas en alimentación aínda que non de forma suficiente como para compensar as perdas na súa canle prioritaria, a canle Horeca.

-As adegas medianas (entre 0.5 e 10 millóns de L) reforzaron moito as súas vendas directas en 2020, pero estas suponlles aínda unha pequena porcentaxe das súas vendas e pasan a depender moito máis da canle alimentación .

-As adegas máis grandes (máis de 10 millóns de L) benefícianse do auxe de vendas na canle de Alimentación, mentres as caídas en Horeca, aínda que fortes, apenas lles inflúen por ser unha canle relativamente minoritaria para elas; aínda que crecen de forma exponencial as súas vendas directas e online, estas seguen sendo unha porcentaxe menor da súa comercialización.

IMPACTO COVID VINO OEMV 2020 1

As adegas duplicaron a venda directa de viño, que xa supón o 8,4%

IMPACTO COVID VINO OEMV 2020 2A canle alimentación creceu dun 37% a un 47% e convértese na canle máis importante para as adegas, aínda que a canle que máis creceu foi o de venda directa desde a adega que case se duplicou pasando dun 4,6% a un 8,4%.

En canto ao impacto do Covid-19 segundo o tipo de viño:

-Viño tranquilo con DO: en 2020 os viños con DO creceron na canle Alimentación e viron como descendeu o Horeca en liña co conxunto do sector. Destaca o descenso de importancia das Viñotecas e tendas especialistas no ano da pandemia mentres creceu en importancia a venda directa.

-Viño tranquilo sen DO: Os viños sen DO creceron na canle Alimentación pasando a ser a súa canle máis importante pero desenvolvéronse menos que os viños con DO na canle de venda directa.

-Viño espumoso: Os viños espumosos sufriron especialmente polo esborralle da canle Horeca xa que dependen máis desta canle en 2019 que os viños tranquilos, aínda así tamén se desenvolveu a venda directa.

-Outros viños (xenerosos): Dun modo similar ao espumoso, pero de forma aínda máis marcada, os viños xenerosos, dependen moito da canle Horeca, polo que sufriron especialmente durante 2020.

IMPACTO COVID VINO OEMV 2020 3

Descarga aquí o informe completo

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información