Acruga apoia a manifestación dos gandeiros de Suprema deste xoves en Lugo

cabeceira protesta gandeiros supremaA Asociación de Criadores de Raza Rubia Gallega, Acruga, mostra o seu apoio aos gandeiros que se manifestarán este xoves 11 de maio en Lugo en sinal de protesta polos baixos prezos da carne a escalada dos costes de produción, a nova PAC e e política levada a cabo coa xestión do lobo.

“Dende Acruga levamos anos demandando das distintas Adminsitracións unha resposta común a unha situación cada vez máis complicada. Os baixos prezos da carne e o incremento dos costes de produción ante a subida dos prezos dos pensos, combustibles, electricidade, etc, complican cada vez máis a supervivencia das nosas explotacións”, aseguran desde a asociación de criadores da raza rubia galega. 

Desde Acruga reclaman que “dunha vez por todas” as Administracións fixen “de xeito conxunto” unha “folla de ruta coa que reverter a difícil situación que atravesa un dos sectores estratéxicos da nosa economía”.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información