Data inicio: 25/06/2019
Data fin: 28/06/2019
Lugar: Adegas Terra de Asorei, Cabeiro - San Martiño de Meis, Pontevedra, España
A adega Terras de Asorei, en San Martiño de Meis, acollerán do 25 ao 28 de xuño o curso de verán organizado pola Universidade de Santiago de Compostela sobre “O mundo dos viños galegos. Foro do Albariño”.
Trátase dun curso transversal no que se abordarán temas como o coidado da terra e a cepa, a elaboración do viño, a xestión dunha adega, a comercialización, o enoturismo e o aspecto cultural. En dito curso participan profesores universitarios e profesionais do sector do viño, todos eles de recoñecido prestixio, nun ambiente que transmita a cultura de cata. Ditos profesionais son profesores e catedráticos da Universidade de Santiago, de Vigo, de A Coruña e de Madrid, e así como profesionais do sector como enólogos, responsables do enoturismo, xestores da Ruta do Viño ou da Denominación de Orixe Rías Baixas.
Este curso está dirixido alumnos, profesores universitarios ou de formación profesional, institutos, profesionais do sector do viño ou público xeral que queira acercarse ao mundo do albariño actual e ás tendencias e novidades do sector, contemplado dende varios puntos de vista.
Prazo de matrícula:
Ábrese o prazo o 15 de maio. Acaba o prazo 14 de xuño.
Centros de matriculación e información:
Campus de Compostela:
Área de Cultura – Casa da Balconada- Rúa Nova, 6
Teléfonos 881811018 e 881811103
Campus de Lugo:
Área de Cultura – Pazo de Montenegro. Praciña da Universidade
Teléfono 98221513
cursosdeveran@usc.es. www.usc.es/cultura/veran