Este fin de semana iníciase en Ordes o calendario 2019 de poxas de gando frisón en Galicia, organizadas polas Africor de A Coruña e de Lugo. Trátase dunha excelente ocasión para mercar animais de alta cualidade produtiva e estatus sanitario procedentes de ganderías galegas, co que o diñeiro tamén queda en Galicia.
O calendario de poxas para os vindeiros meses é o seguinte:
-24 de febreiro. Poxa en Mesón do Vento (Ordes). Organizada por Africor Coruña, a poxa comezará ás 11:30 horas no Recinto Feiral de Mesón do Vento. Consulta aquí o catálogo de animais.
-9 de marzo. Poxa no Recinto Feiral de Santa Comba. Organizada por Africor Coruña.
-9 de marzo. Poxa en Chantada, no Mercado Gandeiro. Está organizada por Africor Lugo.
-17 de marzo. III Poxa de Elite de Gando Frisón en Curtis (A Coruña). Organizada polo Concello de Curtis.
-31 de marzo. Poxa en Boimorto no marco da feira de MAGRECO. Organizada por Africor Coruña.
A medida que se acheguen as datas iremos publicando o catálogo de animais das distintas poxas.