A Denominación de Orixe Rías Baixas afronta a vendima 2016 con “optimismo” ante un estado fitosanitario da uva que o Consello Regulador cualifica como “excelente”. De feito, o Órgano de Control e Certificación congratúlase pola “gran calidade da uva que está a entrar nas adegas amparadas polo Consello Regulador” e espera que esa sexa o signo de identidade da presente campaña.
Ata o momento recolléronse ao redor de 8 millóns de quilos de uva nas cinco subzonas. A día de hoxe atópanse en plena actividade 140 adegas das 183 inscritas.
A colleita da pasada campaña na Denominación de Orixe Rías Baixas, cualificada como “Moi Boa”, rozou os 32 millóns de quilos de uva vendimados. O documento de Estimación da Colleita 2016, elaborado polo Departamento Técnico do Consello Regulador coa colaboración dos técnicos das adegas, prevé para a presente campaña unha diminución de entre o 10% e o 20% con relación ao pasado ano, debido ás adversas condicións climatolóxicas da primavera.
As previsións meteorolóxicas apuntan que á vendima póidase realizar de forma graduada
Respecto diso da presente campaña, o director técnico, Agustín Lago, explica que “as choivas da pasada semana foron beneficiosas para o viñedo” e que, a teor das previsións que apunta a unha meteoroloxía favorable, “as expectativas son moi boas”, dado que permitirá que a vendima nesta denominación se realice de xeito graduado, ordenado e selectivo. Engade Lago que “as primeiras partidas de uva destináronse á elaboración dos viños espumosos, logo incorporáronse á recollida as variedades brancas e, por último, vendimaranse as uvas tintas”.
Ademais, lembra que unha das singularidades da vendima en Rías Baixas é a ausencia de mecanización: “Para o maior coidado na conservación das uvas, e buscando a máxima calidade, a recollida do froito faise integramente a man, téndose que procesar nun prazo inferior a 24 horas. Así mesmo, lembra que o Regulamento obriga a que o seu transporte se realice en caixas normalizadas cunha capacidade de 20 quilos”.
O Consello Regulador conta para esta campaña co apoio de 26 auditores que se responsabilizan do seguimento da vendima nas adegas, os viñedos e os transportes, “asegurándose que se cumpren as normas recollidas no prego de condicións”, explica o director técnico, para quen “o sector está cada vez máis profesionalizado e comprometido coa excelencia, o que facilita o traballo dos auditores e redunda na calidade dos viños”.
Normas de vendima
Como todos os anos e tal como se contempla no Sistema de Xestión de Rías Baixas, o pasado mes de xullo o Pleno do Consello Regulador da Denominación de Orixe Rías Baixas aprobou as Normas de Vendima para adegas, viticultores e veedores que rexen durante a presente campaña. O obxectivo destas normas é velar pola calidade e garantía de orixe das uvas. A normativa fai fincapé tanto a produtores como elaboradores na obriga de dispoñer dun sistema de trazabilidade e autocontrol que permita acreditar as variedades amparadas, a procedencia das mesmas e os rendementos de produción, así como os rendementos de extracción de mosto e a análise dos parámetros químicos que se recollen no Prego de Condicións.
Cada operador primario inscrito dispón, para a súa identificación, dun cartón persoal e intransferible e, por primeira vez, os viticultores asociados poden acceder desde calquera dispositivo (PC, Tablet, Smartphone) a un espazo web www.gdoriasbaixas.com onde dispoñen de información como a súa listaxe de parcelas, datos de entregas de uvas e normativa en vigor.
Datos
Año |
Número de viticultores |
Número de hectáreas |
Nº bodegas inscritas |
2016 |
5.550 |
4.061 |
183 |
Histórico
Año |
Número de viticultores |
Número de hectáreas |
Producción total (kg) |
Rendimiento medio (kg/ha) |
2001 |
5.059 |
2.391 |
16.814.166 |
7.031 |
2002 |
5.439 |
2.523 |
13.253.242 |
5.252 |
2003 |
5.690 |
2.643 |
16.420.298 |
6.212 |
2004 |
5.975 |
2.825 |
22.768.665 |
8.054 |
2005 |
6.193 |
3.022 |
21.903.040 |
7.242 |
2006 |
6.307 |
3.200 |
30.610.100 |
9.565 |
2007 |
6.511 |
3.496 |
18.736.895 |
5.355 |
2008 |
6.577 |
3.646 |
19.897.377 |
5.457 |
2009 |
6.556 |
3.698 |
23.624.086 |
6.388 |
2010 |
6.586 |
3.814 |
31.686.516 |
8.307 |
2011 |
6.618 |
3.966 |
41.787.783 |
10.536 |
2012 |
6.714 |
4.048 |
17.567.877 |
4.340 |
2013 |
6.677 |
4.064 |
33.743.486 |
8.303 |
2014 |
6.031 |
4.027 |
24.180.221 |
6.004 |
2015 |
5.806 |
4.079 |
31.917.611 |
7.820 |