O futuro do sector cárnico en Galicia a debate este xoves na VII Reunión Casal de Armán

Empresarios e expertos analizarán en Ribadavia os retos e perspectivas do sector. Tratarase a visión a nivel nacional, así como dende Galicia, con grandes firmas galegas e con asociacións de razas autóctonas e pequenos produtores

O futuro do sector cárnico en Galicia a debate este xoves na VII Reunión Casal de Armán

Participantes nunha das edicións pasadas na Reunión Casal de Armán, en Ribadavia (Ourense).

Expertos, académicos, empresarios e cooperativistas participarán o próximo xoves 8 de xuño na VII Reunión Casal de Armán para abordar o futuro do sector cárnico en Galicia. O encontro celebrarase, como ven sendo habitual, no Casal de Arman, en Ribadavia (Ourense).

O encontro, organizado polo Foro Económico de Galicia, será inaugurado polo seu presidente, Emilio Pérez Nieto. O primeiro dos relatorios da mañá abordará a “Estratexia de dinamización do sector cárnico de Galicia 2022-2030. Contexto xeral e principais medidas e accións”. Correrá a cargo de José Manuel Andrade Calvo e Alfonso Ribas Álvarez, da Fundación Juana de Vega, que exercen tamén de coordinadores da xornada.

A segunda mesa da mañá abordará os “Retos e perspectivas de futuro do sector cárnico” e participarán Alberto Herránz, Organización Interprofesional Agroalimentaria do Porcino de Capa Blanca (Interporc), Javier Lóper, da Organización Interprofesional de Carne de Vacún (Provacuno) e Tomás Rodríguez, da Interprofesional do ovino e caprino (Interovic).

A última presentación da mañá centrarase na produción galega con distintos actores do sector galego como empresas ou organizacións. Nesta mesa intervirán Emilio Rial (Coren), José Manuel Núñez Torre (Torre de Núñez), José Ramón González (Unións Agrarias), Pablo Meijomín Fidalgo (Fegapor), Jesús González Vázquez (Ternera Gallega).

Pola tarde, será quenda para os produtores de razas autóctonas e pequenas producións en Galicia. Abordarán os problemas actuais e retos de futuro que se lle presentan. Participarán Iván Rodríguez Paz (Asoporcel), Laura Arias González (Acruga), José Ramón Justo Feijóo (Boaga), Amaia Santamarta (Ovica) e Isabel Casariego Vierna (Puraga).

-Consulta aquí o programa en detalle.

 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información