Xa están dispoñibles as valoracións nacionais tanto xenómicas como tradicionais e internacionais MACE e G-MACE no buscador de touros da web e aqueles touros debidamente rexistrados en CONAFE a través de SINBAD. Tamén se actualizaron os valores no programa de axustes CONAFEMAT polo que a partir de hoxe o servizo de axustes de CONAFE xa traballa con estas probas actualizadas.
Nas listaxes internacionais inclúese o acrónimo da empresa propietaria ou importadora daqueles touros que están debidamente rexistrados en CONAFE para a súa comercialización en España. Esta listaxe actualízase tres veces ao ano, se o touro non aparece como rexistrado consulte co seu distribuidor ou coa oficina de CONAFE se este trámite xa foi realizado.
En total están avaliados 170.663 touros Holstein. Destes, en caracteres de produción 4.723 teñen proba nacional con fillas, 4.810 proba nacional sen fillas (só xenómica), 154.568 proba MACE e o resto proba GMACE.
Tamén se publicou a listaxe de 1.000 mellores touros (Proba Nacional ou MACE) con fiabilidade igual ou superior ao 80% en produción ou tipo e a listaxe de 1.000 mellores touros que non alcanzan aínda o 80% de fiabilidade en produción ou tipo e que teñan proba nacional ou proba MACE, segundo os requisitos publicados.
Para realizar a avaliación xenética tradicional de decembro 2022 utilizáronse os datos do Control Leiteiro Oficial e os datos das cualificacións dispoñibles a mediados de maio, e son os seguintes:
Cualificacións: 2.750.005
Produción: 7.742.807
Lonxevidade funcional: 6.676.564
Rec. Cél. Somáticas: 7.430.631
Días abertos: 2.027.934
Velocidade de Muxido: 1.511.084
Fluxo de Muxido: 570.494
Facilidade de Parto: 1.315.129
Saúde Podal: 1.201.574
Respecto a as avaliacións xenómicas, a poboación de referencia aumenta ata 41.536 touros xenotipados con proba de descendencia polo menos en produción. O número de animais xenotipados e avaliados foi de 192.557, incluíndo a poboación española formada por 4.500 machos con código ESP e 136.034 femias.
O valor media dos 200 touros top publicados no catálogo nacional para o novo índice combinado ICO é de 3830, o valor medio dos 100 mellores touros probados españois sitúase nos 3812 e o dos 100 mellores touros xenómicos españois alcanza os 4869. Hai que lembrar que os resultados das avaliacións xenéticas non son comparables a avaliacións previas.
Respecto ao resto de índices a referencias para touros probados e xenómicos serían:
IM€TLECHE |
IM€TQUESO |
IM€TPASTO |
IM€TECO |
|
Genómicos |
372 € |
504 € |
199 € |
311 € |
Probados |
213 € |
280 € |
106 € |
180 € |
Estes índices exprésanse en €uros de Rendibilidade por vaca e ano.
Tamén están dispoñibles as valoracións e listaxes de touros Nacionais, MACE e G-MACE no buscador de touros da web e aqueles touros debidamente rexistrados en CONAFE a través de SINBAD. Ademais, actualizáronse os valores no programa de axustes CONAFEMAT.
As valoracións internacionais aquí presentadas son as probas oficiais dos touros en España e permite de forma independente e obxectiva comparar o nivel xenético dos touros de diferentes orixes na mesma escala na que se avalían as femias da súa gandería. É sen dúbida unha ferramenta perfecta para tomar decisións con criterio.
Por último, desde CONAFE lembran aos gandeiros colaboradores que os touros que usen deben estar rexistrados para evitar problemas á hora de dar de alta ás súas fillas. Esta listaxe actualízase tres veces ao ano, se o touro non aparece como rexistrado consulte co seu distribuidor ou coa oficina de CONAFE se este trámite xa foi realizado, actualmente hai rexistrados en CONAFE 6.609 touros que poden ser consultados e poden ser utilizados en axustes co programa CONAFEMAT.
Máis información:
1.000 Mellores Vacas por IM€TLEITE
1.000 Mellores Xovencas Xenómicas por ICO
1.000 Mellores Xovenas Xenómicas por IGT
1.000 Mellores Xovencas Xenómicas por IM€TLEITE