A DO Monterrei colleita máis de 6,2 millóns de quilos de uva na campaña 2021

Dende o Consello Regulador recoñecen unha nova marca histórica: máis de medio millón de quilos que o ano pasado

Publicidade
A DO Monterrei colleita máis de 6,2 millóns de quilos de uva na campaña 2021

Viñas da DO Monterrei

Os viticultores da Denominación de Orixe Monterrei finalizaron a campaña de vendima 2021 e, de novo, bateron unha marca histórica. O conxunto de viticultores que conforman o Consello Regulador superou, no seu conxunto, os 6,2 millóns de quilogramos de uva colleitados.

A campaña de vendima 2021 concluíu cuns “excelentes resultados a nivel cuantitativo, debido ao aumento paulatino que está a vivir a nosa base territorial”, indicou a presidenta do Consello Regulador, Lara da Silva en declaracións aos medios. “Volveuse a lograr un máximo histórico, superando en máis de medio millón de quilogramos a campaña 2020, até agora a máis exitosa”, explican desde a DO Monterrei.

A campaña de vendima iniciouse o 6 de setembro, coa adega Pazo das Tapias e finalizou o 15 de outubro, sendo as adegas Quinta do Buble e Trasdovento as últimas en pechar o período de recolección de uva

Con respecto á cifra de variedades vendimiadas, colleitáronse 4.229.604,1 quilogramos de uva branca, mentres que de uva tinta foron 2.001.453,4 quilogramos. A presidenta tamén quixo destacar as condicións meteorolóxicas deste ano: “Atopámonos ante unha vendima atípica climatolóxicamente falando, pero na que viticultores e adegueiros traballaron duro para que o froito entrase cun estado óptimo nas adegas, o que agardamos se traduza na calidade duns viños que sigan recibindo distincións e, o que é máis importante, o recoñecemento dos consumidores”.

Sobre a DO Monterrei

A de Monterrei é unha das cinco denominacións de orixe vinícolas galegas. A mesma abarca os municipios de Verín, Monterrei, Vilardevós, Riós, Oimbra e Castrelo do Val. Está conformada por 27 adegas. Os viñedos desta DO ocupan un total de 656,7 hectáreas de territorio nas que traballan 365 viticultores.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información