Galicia participa nun proxecto europeo para transmitir as técnicas de pastoreo

Galicia participa nun proxecto europeo para transmitir as técnicas de pastoreo

Galicia, a través do Centro de Promoción Rural EFA Fonteboa, de Coristanco (A Coruña), participa no proxecto europeo PastorEA que reúne a 3 organizacións de educación agrícola de Francia, España e Eslovenia. O obxectivo é fomentar e/ou desenvolver a formación en materia de pastoreo para darlle o lugar que lle corresponde na formación agrícola, no marco dunha dinámica de transición agroecológica.

Para iso as organizacións participantes intercambiarán temas, contextos e prácticas na transmisión de coñecementos para o pastoreo, unha técnica milenaria de alimentación do gando que presenta múltiples beneficios: permite producir alimentos de calidade, sen insumos, o mantemento das contornas abertas e a biodiversidade, a redución do risco de incendios, o mantemento das paisaxes e a dinamización rural…

Neste sentido, o equipo europeo que participa env PastorEA abordou temas como o cambio climático, a depredación e a biodiversidade grazas aos expertos de cada país, co fin de preparar tres sesións de formación transnacional para agosto de 2022.

Ao final deste proxecto, os socios poderán desenvolver novos cursos de formación adaptados ao contexto actual e aos retos do pastoreo.

Socios:

Os socios do proxecto europeo PastorEA son:

-España: Federacion de Escolas Agrarias de Galicia como responsable da formación de asesores agrícolas e futuros gandeiros
-Francia: L´institut Agro – Florac como responsable da formación de formadores
-Eslovenia: Biotehniski center Naklo & Biotehniska fakulteta como responsable da formación de xestores, asesores e técnicos agrícolas, formadores e futuros gandeiros na práctica.

Obxectivos:

Partindo da constatación de que nos enfrontamos aos mesmos retos e de que os nosos contextos teñen similitudes en España, Eslovenia e Francia, os socios de PastorEA fixáronse como obxectivos:

I. Profundar no coñecemento dos diferentes contextos e identificar os puntos de converxencia e diverxencia;
II. Realizar un inventario da organización da formación e da transmisión de coñecementos en materia de pastoreo;
III. Analizar e comparar os sistemas de formación/transmisión;
IV. Elaborar escenarios para o desenvolvemento da formación en pastoreo baseados en prácticas de campo e identificar os elementos pedagóxicos relevantes con respecto a estas prácticas;
V. Contribuír a facer visible o pastoreo para que se lle recoñeza o importante papel que pode desempeñar na transición agroecolóxica.

Intercambios e opinións confrontadas sobre e para o pastoreo

Organizaranse tres sesións de formación de tres días, cada unha nun país para un público mixto.

Nas formacións transnacionales participarán un dez persoas por país: gandeiros e profesionais, formadores, asesores e técnicos, traballadores de asociacións e sindicatos de pastores ou de organizacións que xestionan certificados de calidade ou marcas. Os participantes serán seleccionados pola súa experiencia no seu campo (ecoloxía, gandaría, pastoreo, pedagoxía, técnica, xestión,…), a súa capacidade de difusión (redes), a súa relevancia para traballar polo desenvolvemento da formación no seu país. Esta participación permitirá a cada un dar visibilidade ás súas accións, enriquecer a súa rede transnacional en torno ao pastoreo e traballar nunha dinámica
de mantemento desta práctica.

Duración do proxecto:

Do 1 de setembro de 2020 ao 31 de agosto de 2022. Calendario das sesións de formación:

-21-25 de xuño de 2021 en Eslovenia (aprazado)
-Outubro-Novembro de 2021 en Francia
-Marzo-abril de 2022 en España
*As datas adaptaranse en función do contexto sanitario

Resultados esperados:

-Un documento de síntese e inventario sobre a transmisión de coñecementos en pastoreo

Unha reflexión sobre a creación dunha rede europea sobre pastoreo.

Contacto :

jose.gil@efagalicia.org

rosa.leis@efagalicia.org

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información