A DO. Ribeira Sacra finaliza unha das vendimas máis escasas, con 5,2 millóns de quilos

Publicidade
A DO. Ribeira Sacra finaliza unha das vendimas máis escasas, con 5,2 millóns de quilos

Este mércores, 7 de outubro, entraron en adega as últimas uvas recollidas no D.O. Ribeira Sacra nesta campaña, o que dá por finalizada a campaña oficialmente. A día de hoxe, cando todas as adegas terminaron coa recollida de uva, os datos de quilos de uva por variedade son os seguintes:

Variedades tintas:

Mencía: 4.296.530 k
Garnacha: 134.607 k
Sousón: 112.462 k
Brancellao: 51.574 k
Merenzao: 50.072 k
Caíño: 28.424 k
Tempranillo: 25.024 k
Mouratón: 5.355 k
Grao Negro: 1.425 k

Variedades brancas:

Godello: 412.948 k
Albariño: 62.717 k
Treixadura: 44.125 k
Dona Branca: 8.875 k
Branco lexítimo 4.430 k
Torrontés: 3.060 k
Loureira: 2.511 k

Un ano complicado

Despois de que o 2019 fose o ano da vendima máis abundante no D.O. Ribeira Sacra, a campaña 2020 péchase segundo as previsións despois dun ano complicado.

“Tivemos unha primavera moi chuviosa cunhas temperaturas atípicas e os fungos atacaron máis do normal. Foi un ano complicado onde se cumpriron as expectativas dun ano difícil con condicións climáticas adversas. Despois da colleita máis abundante tamén a natureza autoregulouise e todo está dentro do esperado, cun pouco menos dun 15% menos de colleita dun ano normal. 5 millóns 244.049 quilos recollidos nunha campaña cunhas condicións meteorolóxicas que contribuíron ao estado óptimo da uva e á fixación da súa acidez”, afirma o presidente do Consello Regulador da DO. Ribeira Sacra, José Manuel Rodríguez.

Porén a DO. supera a colleita do 2013 e do 2014 onde non se chegou aos 5 millóns de quilos. No 2015 recolléronse 6.227.365 quilos, no 2016 recolléronse 5.585.306 quilos; no 2017 foron 5.515.694 e no 2018 chegouse a 6.170.995. No 2019 fora a vendima histórica de 51 días recollendo uva para facerse con máis de 7.200.00 quilos.

“O confinamento dificultou atender a viña”

O D.O. Ribeira Sacra deixa atrás unha vendima temperá, sen superar á do 2017 que comezaba o 19 de agosto, e unha campaña na que se tivo que enfrontar á pandemia, como sinala José Manuel Rodríguez.

“A pandemia non tivo incidencia durante a vendima, pero si no coidado das viñas; hai casos en que se trata de economías complementarias de xente que non está aquí e que tivo problemas de desprazamentos para atender a viña”, explica.

“Despois dun ano de vendas no que a D.O. Ribeira Sacra foi un caso afortunadamente atípico no mercado nacional e influíu menos que noutros lugares o tema da Covid. A pesar das dificultades soubemos seguir estando aí cun produto de alto nivel”, asegura José Manuel Rodríguez.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información