A Xunta informa aos veciños do concello pontevedrés das Neves para crear unha aldea modelo

A Xunta informa aos veciños do concello pontevedrés das Neves para crear unha aldea modelo

Xuntanza informativa coa veciñanza das Neves

A Xunta anima aos veciños do lugar da Porteliña, na parroquia de Rubiós do concello pontevedrés das Neves, a apostar pola implementación dunha aldea modelo ao abeiro da Lei de recuperación da terra agraria de Galicia. Así, o subdirector de Mobilidade de Terras, Alejandro Sánchez de Dios, mantivero un encontro con parte dos 359 propietarios que estarían implicados na aldea modelo solicitada polo consistorio, que abranguería un total de 35 hectáreas distribuídas nunhas 819 parcelas.

Na xuntanza, o subdirector lembrou que as aldeas modelo son un dos principais instrumentos contemplados na nova norma para recuperar, neste caso, contornas de núcleos de poboación. Así, xunto cos polígonos agroforestais ou as agrupacións de xestión conxunta, trátase dunha ferramenta concibida para crear nova actividade económica no rural, contribuíndo á xeración de riqueza e á fixación de poboación, ao tempo que se avanza na anticipación aos incendios forestais, ao exercer esta actividade de devasa natural fronte ao lume.

Tras o encontro informativo, agora procederase á recollida de sinaturas requirida para a posta en marcha desta aldea modelo da Porteliña, nas Neves. Ao tratarse dun instrumento voluntario, seguirá adiante se conta co apoio dun grupo de propietarios que posúan en conxunto, cando menos, o 70% do perímetro afectado. De aprobarse, seguidamente procederase á roza e limpeza da contorna da parroquia para proceder posteriormente á posta en marcha da actividade ou actividades económicas que se consideren máis axeitadas para a zona co obxectivo de recuperar e dinamizar o territorio.

220212 MR aldea modelo As Neves_01

Una idea sobre “A Xunta informa aos veciños do concello pontevedrés das Neves para crear unha aldea modelo

  1. Celia Teijeiro Murias

    En que consisten as aldeas modelos ??? Non será na concentración parcelaria ??? Q lle chamaban así antes ou peor ainda , non consistirá en establecer unha macrogranxa ???

    Contestar

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información