A Xunta aproba rebaixas de impostos para a compra de vivenda no rural menos poboado

A Xunta aproba rebaixas de impostos para a compra de vivenda no rural menos poboado

Rural calificado como Zona Pouco Poboada (ZPP)

Un total de 3.462 parroquias poderán beneficiarse da rebaixa fiscal para adquisición de vivenda habitual dos mozos, familias numerosas e persoas con discapacidade no medio rural. Así, a Xunta vai eliminar os impostos de transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados para estes colectivos no 91,3% das parroquias de Galicia, que representan preto do 94% da superficie da Comunidade.

Así se recolle nun informe sobre a rebaixa selectiva de impostos no ámbito rural para evitar o despoboamento e que foi presentado este xoves polo conselleiro de Facenda, Valeriano Martínez, na reunión semanal do Consello da Xunta. Esta rebaixa fiscal aplicarase en todas as parroquias galegas cualificadas como zonas pouco poboadas, é dicir, aquelas en que é máis necesario recuperar poboación co obxectivo de dinamizar as zonas menos habitadas.

En concreto, o 36,1% das parroquias beneficiadas por esta bonificación fiscal pertencen á provincia de Lugo (1.251); o 25,9% á de Ourense (895); o 23,5% á provincia de A Coruña (813) e 14,5% á de Pontevedra (503).

Metodoloxía

Para a elección das zonas pouco poboadas e das parroquias que se beneficiarán da rebaixa fiscal tomouse como referencia unha estatística do Instituto Galego de Estatística (IGE) que clasifica as parroquias galegas segundo o seu grao de urbanización.

O grao de urbanización é unha variable xa utilizada por organismos estatísticos internacionais como Eurostat, que clasifica os territorios en tres categorías segundo o seu carácter urbano ou rural: zonas densamente poboadas (ZDP), zonas intermedias (ZIP) e zonas pouco poboadas (ZPP).

MAPA_IGE_ZPP

Programa ‘impostos cero’

Esta baixada fiscal complementa o programa de impostos cero no rural aprobado pola Xunta de Galicia en 2016. A medida ten como obxectivo favorecer a mobilidade de terras, propiciando a súa transmisión ao sector agrario, e facilitar que as explotacións accedan ao solo agrario con menos custo.

Grazas a este programa, dende o goberno da Xunta destacan que máis de 8.000 contribuíntes non pagaron imposto sobre transmisións patrimoniais e imposto de actos xurídicos documentados en 2016, o primeiro ano de aplicación deste programa. “En concreto, 8.078 galegos non pagaron estes impostos no momento de adquirir un ben rústico ou ampliar unha explotación agraria”, subliñan dende o goberno galego.

Una idea sobre “A Xunta aproba rebaixas de impostos para a compra de vivenda no rural menos poboado

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información