Xornadas sobre o futuro decreto de artesanía alimentaria de Galicia

A Consellería do Medio Rural, a través da Axencia Galega da Calidade Alimentaria (Agacal), organiza unha xornada técnica-informativa sobre o futuro decreto de Artesanía Alimentaria nos concellos de Cambre (5 de outubro), Lalín (19 de outubro) e Barbadás (26 de outubro).

O obxectivo principal desta actividade é captar e formar aos diferentes operadores interesados na transformación de produtos agrarios e gandeiros baixo o selo de Artesanía Alimentaria. Neste senso, cabe lembrar que dito decreto abre un abanico moi amplo de posibilidades para diferentes operadores do sector primario, de aí a necesidade de programar este tipo de xornadas para dar conta de todas as vantaxes que ofrece adherirse a unha marca de garantía.

Nos tres casos, a xornada desenvolverase en horario de mañá e tarde. A parte teórica levarase a cabo de 10:00 a 14:00 horas e abordaranse os obxectivos do selo e as condicións xerais para a produción de alimentos artesáns. Tamén se analizarán as normas de hixiene, a produción e elaboración e haberá un apartado de relatorios onde distintas empresas artesás da zona compartirán as súas experiencias. Xa pola tarde, de 16:00 a 18:00 horas, os asistentes visitarán as instalacións dunha desas empresas participantes.

Esta formación está dirixida a calquera persoa vinculada profesionalmente cos sectores produtivos relacionados coa agricultura, gandaría, industria agroalimentaria e cadea forestal-madeira, así como mozos e mozas do medio rural galego e persoas con expectativas de incorporación ao sector.

Neste senso, cabe sinalar que a xornada do día 5 de outubro celebrarase no centro municipal de formación do concello de Cambre, a do 19 de outubro será no auditorio do Grupo de Desenvolvemento Rural (GDR) Terras do Deza de Lalín e, a do 26 de outubro será no centro empresarial transfronteirizo de Barbadás.

Todos os interesados poderán anotarse no curso cubrindo a correspondente solicitude dispoñible en https://mediorural.xunta.gal/gl/temas/formacion/formacion-continua/plan-de-formacion-2021. Nos tres casos, a solicitude deberá remitirse finalmente ao correo electrónico de formacion.agacal@xunta.gal. Tamén poden chamar ao número 881 997 279 para máis información.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información