O Distrito Forestal IX “Lugo-Sarria”, da Consellería do Medio Rural, presenta a programación de outono 2023 das Cadeiras de Divulgación Forestal dentro do programa de formación continua agroforestal de AGACAL.
Estas accións formativas teñen por obxectivo fomentar o coñecemento específico de determinadas materias e están destinadas as persoas vinculadas profesionalmente cos sectores produtivos relacionados coa cadea forestal-madeira, ou con expectativa de incorporación, en especial mozos e mozas do rural galego.
Os cursos desenvolveranse no concello de Lugo en distintas sesións co seguinte calendario:
Xoves 19 de outubro: Taller de marcaxe en aproveitamentos de frondosas FC2023F127060
Sábado 28 de outubro: Taller poda castiñeiro FC2023F127056
Días 30, 31 outubro e 2, 3, 6, 7, 8, 10 de novembro: Xestión integral de piñeiros FC2023F127059
Xoves 9 de novembro: Comunicación forestal coas novas tecnoloxías FC2023F127057
Xoves 16 de novembro: Fiscalidade forestal FC2023F127058
No seguinte enderezo poderán preinscribirse nos cursos que desexen:
https://foagro.xunta.gal/foagro/inscripcion/publica/accionsFormativas
Máis información no teléfono 982-828620, no correo distrito.forestal9@xunta.gal ou en Twiter: @Dist_Forestal9