Xornada técnica sobre ordenación do aproveitamento dos cogumelos en Galicia

A Consellería do Medio Rural organiza unha “Xornada Técnica de ordenación micolóxica en Galicia”, que se celebrará en Lugo o xoves 18 de novembro de 2021 pola tarde e o sábado día 20 de novembro na Veiga (Ourense).

Esta xornada desenvolverase pola tarde do día 18 no salón de actos da Escola Politécnica Superior de Enxeñería de Lugo e o sábado 20 cunha visita técnica en A Veiga (Ourense)

Esta acción esta organizada polos distritos forestais IX (Lugo-Sarria) e XIII (Valdeorras-Trives) e conta coa colaboración de UXAFORES, USC-Campus Terra de Lugo, Amtlam e Concello de A Veiga.

Programa:

-XORNADA TEÓRICA (Salón de actos da Escola Politécnica Superior de Enxeñería (EPSE) – USC Campus de Lugo) – Xoves, 18 novembro:

●16:00. Aspectos básicos para a identificación dos cogomelos. Julián Alonso Díaz

●17:00. Principais especies comestibles e comercializables e posibles confusións. Julián Alonso Díaz

●18.00 Efectos dos tratamentos silvícolas na produtividade: resultados dun sitio de ensaio de rareos en piñeiral. Roque Rodríguez Soalleiro.

●19.00 Incorporando o aproveitamento micolóxico no inventario forestal e nas ordenacións de montes veciñais en man común. Javier Pereira Espinel Plata.

-XORNADA PRÁCTICA – VIAXE AO CONCELLO DA VEIGA (OURENSE) – Sábado, 20 novembro (saída ás 8:00 do aparcamento de autocares EPSE):

●10h Visita aos montes de Río Mao. Acompañados de Julián Alonso, Hugo Rodríguez e Ángel Fouces

●12:30h Sala de conferencias Toural – Presentación sector primario da Veiga – Juan Anta Rodríguez

●14h Xantar con produtos locais nas Chairas (custo de 15€ – a cargo de cada un)

●16h Visita ao monte de Meixide – Acompañados de Julián Alonso, Hugo Rodríguez e Ángel Fouces

Inscrición:

Presentar as solicitudes no Distrito Forestal IX Lugo-Sarria ou por mail: xbruna@xunta. gal (prazas limitadas)

Descarga aquí a solicitude

XORNADA GOCUMELOS A VEIGA

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información