O Centro de Formación e Experimentación Agroforestal de Monforte de Lemos organiza para os meses de outubro e novembro dous cursos de micoloxía.
-Curso de micoloxía silvestre:
Celebrarase os días 25 e 26 de outubro en horario de 16:00 a 20:00 horas, coa seguinte programación:
Teoría 4h:
-Coñecementos básicos de micoloxía.
-Conceptos fundamentáis á hora de identificar e colleitar cogomelos.
-Coñecemento dos diferentes taxóns, así como a clasificación dos fungos dentro destes.
-Identificación de diferentes xéneros e especies moi coñecidas polo seu interese gastronómico ou de outro tipo.
-Diferentes aplicacións dos fungos.
Práctica 4h:
Saída ó monte para apañado de cogomelos, material e técnicas empregadas.
O código para realizar a preinscrición é FC2023F127045 que se debe realizar a través desta ligazón
Para máis información enviar un email a maria.lourdes.diaz.fernandez@xunta.gal
Curso de cultivo de fungos:
Celebrarase os días 6 e 7 de novembro en horario de 16:00 a 20:00 horas, coa seguinte programación:
Teoría 4h:
– Comprender as bases do cultivo e as posibilidades que existen á hora de producir cogumelos.
– Coñecer as fases de cultivo do shiitake en madeira paso a paso.
– Acadar os coñecementos precisos para establecer unha pequena explotación de cultivo de shiitake sobre madeira como complemento a outras actividades agroforestais.
Práctica 4h:
– Coñecer e utilizar os diferentes materiais e ferramentas necesarias para o cultivo de shiitake sobre madeira (tipos de madeira, tipos de inóculo, diferentes procedementos de inoculación, etc.)
– Coñecer as fases de cultivo do shiitake en madeira paso a paso e levalo á práctica.
O código para realizar a preinscrición é FC2023F127046, que se debe realizar a través desta ligazón.
Para máis información enviar un email a maria.lourdes.diaz.fernandez@xunta.gal