Xornada sobre as investigacións realizadas nos centros dependentes de Agacal

A sesión celebrase este xoves no Centro de Formación e Experimentación Agroforestal de Sergude. Participan os investigadores de distintos centros da Consellería para presentar os traballos, resultados e estratexias para facelos chegar ó sector primario. Asistirá o director de Agacal

Publicidade
Xornada sobre as investigacións realizadas nos centros dependentes de Agacal

Vista do Centro de Investitgacións Agrarias de Mabegondo.

Data inicio: 24/02/2022
Data fin: 24/02/2022
Lugar: Centro de formación y experimentación agroforestal de Sergude, Xunta de Galiza, Place of Sergude, Quián, España

A Axencia Galega da Calidade Alimentaria (Agacal), dependente da Consellería do Medio Rural, celebra este xoves unha xornada para dar a coñecer a actividade investigadora que se está a levar nos seus centros. A sesión celebrarase en horario de mañá no Centro de Formación e Experimentación Agroforestal de Sergude, no concello coruñés de Boqueixón.

No acto -no que participará o director da Axencia, José Luis Cabarcos-, representantes dos distintos centros de investigación da Consellería presentarán as súas liñas de traballo, facendo fincapé nos coñecementos xerados tanto nos proxectos en curso como nos recentemente concluídos. Nesa liña, farán balance do financiamento empregado -en medios humanos ou materiais- en relación aos beneficios que supoñen os resultados das investigacións. Así mesmo, sinalarán as estratexias concibidas para facer chegar eses resultados ao sector primario, no caso das actividades de transferencia.

Outros puntos que se detallarán nesta xornada serán os axentes ou entidades cos que se colaborou ou está a colaborar para levar a cabo as investigacións. Por último, os participantes farán referencia aos retos de futuro das distintas liñas de traballo expostas e a como se poden aproveitar mellor os resultados de I+D+i en cada caso.

Agacal

Tal e como sinalan dende a Consellería de Medio Rural, a Axencia Galega da Calidade Alimentaria non só é o instrumento básico de actuación da Xunta en materia de promoción e protección da calidade diferencial dos produtos alimentarios galegos acollidos aos distintos indicativos de calidade, senón que tamén é competente na investigación e realización do desenvolvemento tecnolóxico relativo ao sector agroalimentario. Así mesmo, promove actividades de I+D+i nos sectores agrícola, gandeiro, forestal e da industria agroalimentaria.

A Axencia conta na súa estrutura con tres centros de investigación de referencia (Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo, Centro de Investigación Forestal de Lourizán e Estación de Viticultura e Enoloxía de Galicia) dos que dependen catro Estacións Experimentais (Estación Experimental de Gandaría de Montaña do Marco da Curra, Estación Experimental Agrogandeira da Pobra do Brollón, Estación Experimental Agrícola do Baixo Miño e Estación Experimental de Viticultura e Enoloxía en Ribadumia) e o Banco de Recursos Fitoxenéticos Agrarios e Forestais da Comunidade Autónoma de Galicia. Ademais, incorpora na súa estrutura o Laboratorio Agrario e Fitopatolóxico de Galicia e seis centros de formación e experimentación agraria (Sergude, Guísamo, Becerreá, Pedro Murias Ribadeo, Monforte de Lemos e Lourizán).

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información