Xornada sobre a conservación de prados atlánticos en Rábade

Data inicio: 04/11/2017
Data fin: 04/11/2017
Lugar: Casa das Insuas, Calle José Pardo, Rábade, Lugo

A Asociación Galega de Custodia do Territorio organiza este sábado 4 de novembro en Rábade unha xornada sobre a conservación de prados atlánticos. O colectivo destaca que os prados seminaturais son un hábitat que conserva unha gran biodiversidade, pero apunta que están en regresión polo abandono ou pola súa transformación en pradeiras artificiais.

Na xornada do sábado, abordaranse experiencias de conservación de prados en puntos como Gran Bretaña ou Cataluña. Tamén se valorarán as posibilidades de mantemento da biodiversidade en prados produtivos.

10 h. – Apertura das xornadas.

10:15 h. – A flora dos prados e a situación dos prados atlánticos.
(Jaime Fagúndez, profesor de Botánica da Universidade da Coruña).

11:00 h. – Experiencias de conservación de prados en ambientes mediterráneos
(Guillem Mas, Paisatges Vius).

12:00 h. – Experiencias en conservación de prados en Reino Unido.
(Richard Jefferson, Natural England. Videoconferencia por skype).

12:45 h. – Pausa – café

13:15 h. – É posible conservar biodiversidade en prados produtivos?
(Eloi Villada, Sociedade Galega de Pastos e Forraxes).

14:10 h. – Xantar.

16:30 h. – Presentación dos materiais divulgativos sobre conservación de prados
elaborada pola Asociación Galega de Custodia do Territorio.

17:00 Proxecto SOS PRADERAS: modernización do manexo tradicional dos
prados de sega ibéricos e produción de sementes.
(Cándido Gálvez, Semillas Silvestres).

18:00 h. – Mesa redonda: Afrontar a conservación da flora pratense en Galicia.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información