Xornada formativa en Zas para o persoal de granxas de porcino

Xornada formativa en Zas para o persoal de granxas de porcino

Os Servizos Veterinarios Oficiais da comarca de Terra de Soneira, dependentes da Consellería do Medio Rural, teñen previsto celebrar un curso de capacitación para o persoal de granxas de gando porcino. Impartida na Oficina Agraria Comarcal de Baio, no concello de Zas, a acción formativa celebrarase dende o 23 de xuño ata o 8 de xullo, e terá unha duración total de 20 horas ao longo de 5 días cun horario das 16:00 horas ás 20:00 da tarde.

O obradoiro recolle os requisitos de formación establecidos no Real Decreto 306/2020, exixibles para aquelas persoas que traballan no sector porcino. O programa consta de 6 unidades que tratan aspectos que van dende as características da produción porcina ata as normativas relacionadas vixentes aos diferentes niveis, pasando por aspectos de carácter hixiénico, medioambiental e sanitarios.

A incrición pode facerse online na seguinte ligazón: https://ovmediorural.xunta.gal/gl/consultas-publicas/accions-formativas O coordinador poñerase en contacto coas persoas interesadas a través do correo electrónico comunicándolle se está ou non admitido. Para consultar calquera dúbida, pode chamarse ao teléfono 881 880 030, ou enviarse un correo a oac.svo.terradesoneira@xunta.gal

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información