Webinar de ABEMBE sobre manexo da vaca en transición

A Asociación Nacional de Especialistas en Medicina Bovina de España ( ANEMBE) organiza para o vindeiro mércores, 21 de abril, un webinar sobre «Manexo da vaca en transición 4”.

A formación impartirase ás 20:00 horas vía online por Gustavo Shuenemann, profesor de extensión veterinaria en vacún de leite da Universidade de Ohio (Estados Unidos). O seminario terá unha duración de media hora, máis as preguntas e coloquio posterior.

A conferencia focalizarase nunha metodoloxía práctica e efectiva de consultoría para ganderías de vacún de leite modernas co obxectivo de mellorar os sistemas de produción intensivos. Usando casos reais, a metodoloxía de consultoría centrarase en: 1) que debo mirar cando visito unha gandería, 2) como interpretar as curvas de lactación (que debo mirar e que significa no contexto do manexo e instalacións), 3) como interpretar os datos de reprodución e saúde e 4) como identificar oportunidades e solucións a problemas comúns (perdida de condición corporal con cetose e metrite, inconsistencia en TMR/dietas, baixa taxa de concepción, baixa produción de leite, inconsistencia no programa de recría e como impacta estas inconsistencias nas curvas de lactación).

Para participar é necesario inscribirse nesta ligazón

 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información