Un plan de abonado eficiente do millo forraxeiro é clave tanto para poder obter a máxima produción e calidade da forraxe para ensilar, como o aforro de tempo e tranquilidade do gandeiro, que depende dunha boa forraxe para a súa produción de leite. Así, desde fai máis de sete anos, ICL está a traballar xunto ó seu distribuidor Protección Verde, con gandeiros de leite de Galicia para aplicar o seu plan de abonado que reduce as aplicacións, aforrando tempo e custos, asegurando un millo verde e produtivo de alta calidade.
Como nos comenta José Antonio Martínez López, Director Técnico en de ICL Iberia España Agricultura, o plan de abonado de ICL consta de tres pasos, baseados nas últimas tecnoloxías de abonos de liberación controlada.
En primeiro lugar, en sementeira aplícase xunto á semente un abonado estárter, Agromaster Start Mini 21-21-5, que achega nitróxeno de liberación controlada coa tecnoloxía Poly- S e asegura unha dispoñibilidade total de fósforo, co que conseguimos unha nascencia rápida e uniforme do cultivo.
O segundo paso é a aplicación dun abonado de fondo en todo o campo co abono de liberación controlada Agromaster con tecnoloxía E-Max de 3-4 meses de lonxevidade, que asegura a dispoñibilidade de nitróxeno durante todo o ciclo de cultivo. Con Agromaster conseguimos chegar a fin de ciclo cunha soa aplicación, aforrando tempo e preocupacións, xa que aseguramos o máximo potencial de produción sen depender tanto da climatoloxía e de ver cando debemos aplicar a urea. Ademais, redúcese a pegada de carbono do cultivo ao usar menos fertilizante, ao ser máis eficiente.
Por último, pódese aplicar un abono foliar, Agroleaf Power con tecnoloxía M-77, mesturado co herbicida de post emerxencia, para un mellor control das malas herbas e un menor estrés na planta de millo.
O éxito deste programa en Galicia animounos a visitar varias explotacións de vacún de leite para falar cos seus responsables e coñecer as súas experiencias con esta tecnoloxía de fertilización. Segundo nos comenta o responsable técnico de ICL en Galicia, as producións medias dos últimos anos na rexión alcanzaron en ciclos curtos as 50 toneladas e en ciclos longos as 60 toneladas, chegando o cultivo perfectamente á fin de ciclo coa planta verde e sen ningún tipo de carencia.
Os gandeiros galegos avalan os bos resultados de Agromaster
Tras visitar catro explotacións en diferentes zonas de Galicia, un comentario é común: a aplicación dun abonado de fondo como Agromaster dá moitísima tranquilidade xa que asegura a nutrición do millo ata final de ciclo e evita a aplicación de urea, que sempre é un problema pola climatoloxía na época de aplicación. Todos destacaron que co plan de abonado de ICL gáñase en tranquilidade e afórrase tempo e custos.
Abel Vázquez, da SAT Vila Alborés en Mazaricos (A Coruña), unha gandería de 900 cabezas de gando con 500 postas en muxido, comentounos que ten unha media de produción de leite de 40-41 litros por vaca e con 3,50 de graxa e 3,30 de proteína.
A granxa ten 170 hectáreas de millo forraxeiro e para Abel Vázquez o cambio foi a mellor: “Antes aplicabamos un abonado de fondo con urea por encima, pero o ano pasado propuxéronnos aplicar o plan de ICL con Agromaster e, a verdade, é que quedei moi contento porque me cumpriu ata o final do ciclo do millo e conseguimos 47.000 quilos por hectárea de millo cortándoo moi alto, ao ser para vacas de leite. Eu recomendaríao porque na nosa granxa non temos moito tempo para abonar e cunha soa aplicación tiven mellores resultados que co abonado de fondo e a urea”.
A segunda explotación que visitamos foi Gandería Santa Lucía en Dumbría (A Coruña), onde contan con 95 hectáreas, das que 85 son para cultivo de millo, e con 280 vacas en muxido de 520 cabezas en total. A media de produción de leite é de 35-27 litros con 3,85 de graxa e 3,45 de proteína.
“Levamos sobre cinco anos aplicando Agromaster no abonado do millo de ciclo 280-300 nunha dose, duns 500 quilos por hectárea e conseguindo unha produción de 50.000 a 55.000 quilos por hectárea. Vemos que a planta crece máis forte, con máis vigor e está máis verde ó final do ciclo, sobre todo abaixo, no talo da planta. Recomendaría o seu uso xa que ten unha calidade moi boa de granulación e para blending vai perfecto, dando moi bo resultado en canto á produción”, explica Crisanto Caamaño, o responsable da gandería.
Tras esta visita achegámonos á SAT Regueiro Branco en Frades (A Coruña), unha gandería de tres socios, Álvaro Sánchez, Manuel López e Martín García, que naceu en 2012 e ten 330 vacas en muxido e 570 animais en total. Ademais conta con 220 hectáreas, das que 90 se destinan a millo forraxeiro e o resto a raigrás inglés. A produción de leite é de 43-45 litros, con 3,70 de graxa e 3,33 de proteína.
Como nos comenta Álavo Sánchez, un dos seus responsables: “Na campaña 2021 sementáronse 90 hectáreas de millo de ciclo 500 longo e usamos Agromaster nunha soa aplicación para garantir que chegase ó final de ciclo o nitróxeno e realmente na ensilaxe estaba verde o cultivo, conseguindo o obxectivo. O rendemento estivo entre 50 e 60 toneladas por hectárea. Esta é unha forma de abonado dunha dose única coa que quedas totalmente cuberto e estás máis tranquilo, xa que non hai que esperar a ver se logo vas facer coberteira dependendo do clima”.
Por último, visitamos a explotación Agroforestal Candal, que dá servizos agrarios e forestais nas localidades de Carral e Cerceda (A Coruña) e, ademais, sementan millo forraxeiro para comercializar a outras granxas (80%) e algo para autoconsumo dos seus cebadeiros de bois e Ternera Gallega. Sementan ao redor de 275 hectáreas, tanto para silo de millo como para gran húmido en salchichas e bólas.
José Luis Candal Vázquez, responsable da empresa, coméntanos: “Levamos varios anos utilizando o programa de ICL por mor de que compramos un equipo para localizar o abono xunto á semente. Aquí aplicamos primeiro Agromaster Start Mini a 25 quilos /hectárea como starter, e logo aplicamos Agromaster a 370 quilos/hectárea como abonado único, completado cunha aplicación foliar de Agroleaf Power a 4 quilos/hectárea xunto ao herbicida. Vai todo localizado con doses máis axustadas e o resultado está moi ben, cunha planta con vigor moi bo e que chega verde ó final de ciclo e a mazorca ben pechada. Así, conseguimos rendementos 48.000 quilos de silo de millo e 14.500 quilos por hectárea de gran húmido, pero nunha leira que non é das máis produtivas por estar a moita altura”.
Todos estes comentarios positivos son corroborados por Roberto Pérez, responsable de Protección Verde, distribuidor de ICL en Galicia. “É de agradecer que os nosos clientes gandeiros confíen no noso asesoramento e proben o plan de abonado de ICL, podendo comprobar eles mesmo os bos resultados. Millo verde ata a ensilaxe, con alta calidade e unhas excelentes producións. Aforran custos e tempo, asegurando calidade e produción, que é o que busca calquera profesional do millo forraxeiro”, concreta Pérez.