VIII Xornada do Rural “Pousa Antelo” este sábado 2

VIII Xornada do Rural “Pousa Antelo” este sábado 2

Presentación das xornadas.

A Asociación Cultural Afonso Eanes convoca para o vindeiro 2 de decembro a VIII Xornada do RUral ‘Pousa Antelo’. Desta volta enmarcarase na parroquia negreiresa de Aro, concretamente no local social. Así, a actividade conta coa colaboración da Asociación Veciñal de San Vicente de Aro.

A entrada, coma sempre, é aberta e de balde. Unha das novidades da programación é que esta edición vaise desenvolver unicamente en horario de mañá, se ben se manterá o posterior xantar para aquelas persoas que estean interesadas. Entre as 10:45 e as 11h terá lugar a recepción das persoas asistentes e a presentación da xornada.

A continuación, abrirá as intervencións Lucía Santiago Sanmiguel, da Asociación Cultural Os Penoucos, co relatorio “Os proxectos obaixoulla.gal e LabUlla: o valor social do patrimonio”.

Logo dun descanso para o café, ás 12:15 será a quenda de José Manuel Andrade Calvo, director da Fundación Juana de Vega, que falará sobre o papel desta fundación no desenvolvemento rural de Galicia. A xornada pecharase coa palestra “O lobo en 2023: un camiño incerto”, da man de Pedro Alonso Iglesias, biólogo e especialista na xestión do lobo.

Unha vez finalizada a xornada, por volta das 14:30h, haberá un xantar no restaurante O Arranca. As persoas interesadas en participar na comida deben anotarse antes do 30 de novembro a través do enderezo electrónico afonsoeanes@gmail.com ou do teléfono 627162939.

Pousa Antelo cartaz

Pousa Antelo 2023 Programa

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información