Esta mañá celebrouse no concello coruñés de Boimorto, no marco da feira agrícola e gandeira MAGRECO, a poxa de tres xovencas de raza Rubia Galega propiedade de ACRUGA a un prezo medio de 2233 euros.
As tres xovencas, con idades comprendidas entre os 23 e os 25 meses e preñadas de 5 meses, procedían do Centro de Recría da Granxa Gayoso Castro da Deputación de Lugo. Todas ellas foron adxudicadas a unha gandería do Pino.
A próxima poxa de gando de raza Rubia Galega organizada por ACRUGA será o vindeiro 5 de abril en Pedrafita do Cebreiro (Lugo).