Media de 2320 euros por animal na poxa de xovencas de Rubia Galega na feira de Cervantes

RUBIA GALEGA ACRUGA POXA cervantesA poxa celebrada esta mañá en Cervantes, como parte do programa da Feira en defensa do Gandeiro da Montaña, congregou a numeroso público e logrou unha alta participación nos concursos de gando das diferentes razas de vacún que ateigaron o recinto feiral.

En canto á poxa das catro xovencas preñadas de Acruga arroxou un prezo medio de 2320 euros por animal. Un total 14 gandeiros e gandeiras sacaron cartón. As poxas arrincaron cun prezo de 2.000 euros e chegáronse a pagar, 2.550 euros por dúas das xovencas, o prezo máis alto da xornada, mentres que as outras dúas adxudicáronse por 2.100 e 2.250. Os animais irán parar a explotacións de Cervo, Samos e Pedrafita do Cebreiro.

Próximas citas

Acruga seguirá adiante cun calendario no que destaca a Semana Verde de Silleda, entre o 9 e o 11 de xuño. No capítulo de concursos e exposicións, seguiralle a quenda a feira nacional de Adai, o 16 de xuño, a gran cita desta raza, que ademais contará como sempre coa poxa dun gran número de exemplares. Antes de Adai, tamén se celebrará outra poxa o 20 de maio no mercado gandeiro da Fonsagrada.

RUBIA GALEGA ACRUGA POXA Cervantes 2023

Recuperación da tradicional feira de gando ao aire libre

A Asociación Territorio Verde co apoio do Concello recuperou no ano 2019 esta tradicional feira co obxectivo de poñer en valor a actividade gandeira e enxalzar o espírito das feiras de hai 40 anos que se celebraban ao aire libre e eran o principal punto de venda de gando na Montaña lucense. Na súa organización colaboran unhas 90 persoas, dende o Concello, a asociación, negocios da comarca, e persoas que de xeito desinteresado traballan para sacar adiante o evento.

No recinto feiral danse cita animais de gran variedade de razas de gando vacún coa rubia galega como protagonista. Tamén conta con outros animais como cabalos, cabras ou ovellas. A xornada está amenizada cos grupos de música tradicional Os Xardois e Os Gaioleiros, e a actuación de Tania e o seu acordeón.

RUBIA GALEGA ACRUGA POXA Subasta Feira gandeira de Cervantes

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información