A Asociación Nacional de Criadores de Gando Vacuno Selecto de Raza Rubia Galega (A.C.R.U.G.A.), acaba de publicar o seu catálogo de sementais 2024, disponible xa en formato online e en breve tamén en papel.
O catálogo ofrece 14 touros con proba de descendencia e 8 sementais en proba con valoración individual, así como unha completa información sobre xenealoxía dos animais, días en xestación, comparativas dos mesmos ou disponibilidade de doses seminais.