Category Archives: Portada Empresa 1

Lely Astronaut A5: A mellor opción de muxido para a súa granxa


O robot de muxido Lely Astronaut A5 é, sen ningún tipo de dúbida, a mellor opción para o muxido robotizado nunha granxa de vacas de leite. A súa fiabilidade, unida á rapidez de conexión, fan que este robot sexa o máis rápido e eficiente do mercado.

Grazas ao tráfico libre, que Lely implementa en todas as granxas con robot de muxidura, as vacas serán completamente libres de facer o que queiran durante todo o día. É básico que a vaca poida dispor do seu tempo como desexe e que non se lle prive de nada. O animal ten que decidir cando comer, deitarse, beber e ser muxida. Este catro factores farán que a vaca estea mellor, e por conseguinte, que produza máis litros de leite.

O Lely A5 fará que o gandeiro teña moito menos traballo físico dentro da súa granxa, xa que se elimina o tempo que se dedicaba antes ao muxido, substituíndoo por unha máquina fiable e cunhas altas capacidades, que permite extraer todo o leite das vacas dun establo.

Sempre se fala do número de vacas que pode munguir un robot, e de feito esta é unha pregunta moi recorrente dos gandeiros que están a pensar en robotizar o muxido na súa granxa. Pero a verdade é que non hai unha cifra exacta, xa que o robot de muxido dedícase a sacar o leite das vacas e cada explotación terá o seu número óptimo de animais. Factores como, por exemplo, a velocidade de muxidura e a cantidade de leite diario de media na explotación, marcarán sen dúbida a capacidade da máquina. Así, en Galicia podemos atopar desde granxas con 55 vacas en robot, até explotacións que moxen máis de 70 animais.

O Lely Astronaut A5 permite ás vacas gozar dunha liberdade de movementos óptima dentro do box de muxido. Características como o brazo híbrido e o concepto I-flow (entrada e saída recta do box de muxido) contribúen ao ritmo natural das vacas e incrementan a capacidade do robot de muxido. Unha vaca sa e tranquila produce máis leite de forma moito máis fácil e cómoda, tanto para o animal como para o gandeiro, xa que terá menos tarefas diarias que realizar.

Todos os gandeiros buscan reducir ao máximo o custo por quilogramo de leite producido. O Astronaut A5 conta cun número limitado de movementos eléctricos rápidos e resolutivos, que o converten nun sistema de baixo consumo enerxético e cunha precisión sen precedentes. O innovador brazo híbrido, ten un maior alcance e un axuste máis rápido e seguro, o que permite reducir o consumo de enerxía e aumentar o rendemento do propio robot, podendo realizar máis muxidos e sacar máis litros de leite que outros robots doutras marcas no mercado.

O Lely Astronaut A5 está deseñado tendo en mente dúas premisas: a lonxevidade e a fiabilidade. Canto máis confíe no Astronaut, maior uso poderá facer das horas que lle aforrará e a flexibilidade que lle proporcionará no traballo diario. Para lograr a excelencia en termos de fiabilidade e tempos de actividade, elimináronse os compoñentes críticos e prolongado a vida útil doutros. Este Astronaut está fabricado para ofrecer a máxima tranquilidade durante moitos anos aos gandeiros. Xa que o investimento dun robot de muxido ten que poder rendibilizarse nun prazo medio duns cinco anos, pero unha vez desquitado o investimento da máquina esta ha de poder traballar durante moitos máis anos na explotación para obter unha maior rendibilidade.

O Lely Astonaut A5 é o mellor robot do mercado, pero tamén o é o seu servizo técnico e de instalación. As persoas que traballan o Lely, están debidamente cualificadas, para os labores que desempeñan, con cursos e reciclaxes continuas para estar á última sobre calquera detalle do robot de muxido. Este servizo traballa en Galicia os 365 días do ano as 24 horas do día para velar polo bo funcionamento dos robots. Cada técnico ten asignada unha furgoneta, a cal vai equipada cunha gran cantidade de pezas, que fan case imposible que non poidan solucionar unha avaría nun tempo record, sen perder un minuto en que o Astronaut non estea a facer o seu traballo, que é sacar litros de leite.

O A5 tamén permite unha medición do leite das vacas moito máis precisa e minuciosa. O robot, grazas ao seu MQC, verifica o fluxo de leite, a cor, a temperatura, o nivel de lactosa, o nivel graxa e proteína e a condutividade do leite. O leite monitorízase de forma continua por cada cuarto para axustar o proceso de muxido, garantir a súa calidade e detectar desvíos.

O Lely Astronaut A5 conta ademais cunha serie de extras que se lle poden incluír para que a máquina poida ter máis características que fagan do día a día do gandeiro e das súas vacas algo moito máis sinxelo:

MQCC-2: Este é o reconto de células somáticas. Isto baséase nun test de california que se fai mediante un reactivo mesturado cunha mostra de leite que determine a cantidade de células dos animais de forma individual.

Pura: Esta é a desinfección por vapor das tetoeiras. Cando estas van os jetters de lavado desinféctanse con vapor a 164 graos de temperatura eliminando calquera problema.

Pura, un accesario do Lely Astronaut A5

Báscula: Serve para pesar o animal dentro do box de muido grazas ás súas catro células de peso. Este opcional serve para saber se unha vaca está a perder peso por exemplo, para unha inseminación.
Meteor: Este é o lavado das patas das vacas. Unha vez entren dentro do box de muxido o Lely Meteor procederá á limpeza das patas traseiras e á súa desinfección cando o marque o gandeiro.

Titania: Este é un dispensador líquido para algún tipo de corrector para as vacas. O que pode mesturar ese corrector co penso granulado que comen as vacas durante o muxido.

“O propietario forestal non debería deixar medrar de máis a madeira porque perdemos produción”

Galicia e o norte de España é unha zona referente na explotación forestal, e un punto de atracción para moitas empresas de desembosque, como a de Juan Carlos Lorca. Este andaluz onubense empezou como maquinista asalariado de Ence, e tras crear a súa propia empresa en Huelva, trouxo varios equipos de maquinaria ao norte para tentar asentar a súa actividade aquí. Hoxe en día segue traballando para Ence, con 12 traballadores e 10 máquinas ao seu cargo, aínda que non todas en funcionamento. Falamos con el para que nos conte as súas experiencias en dous lugares tan diferentes. Juan Carlos Lorca móstranos como se ve Galicia desde o sur. Poderíaste presentar e comentar onde estamos? Chámome Juan Carlos Lorca e estamos aquí no norte facendo unha explotación forestal. Montei unha empresa forestal hai bastante tempo e agora decidín integrarme un pouco no norte, entre outras cousas porque temos menos problemas que no sur.  Empezaches como autónomo, logo montaches a túa empresa, e agora estaste a asentar no norte. Poderíasnos comentar un pouco esa traxectoria? Os meus inicios foron hai 25 anos. Eu crieime nun pobo do centro de Huelva que se chama Valverde del Camino. Un pobo moi bonito, que ten ao redor moito forestal e moita plantación de eucalipto. Entón, eu crieime practicamente coñecendo o eucalipto desde pequeno, e sempre me chamou a atención o tema forestal. Rematei os estudos e entrei en varias empresas forestais facendo repoboacións, podas de alcornoques, etc., pero chegou Ence con forza, que xa daquelas era unha potencia e ségueo sendo no sur, e entrei en Ence, en principio como maquinista asalariado tras facer varios cursos de formación. Estiven catro ou cinco anos asalariado e Ence propúxome que comprase unha máquina, que me daba facilidades, e aí empecei de autónomo. Ofrecéronme varias máquinas pero elixín un autocargador pola sinxeleza, e tamén era máis económico. Unha vez pasaron outros catro ou cinco anos, íame ben, gustáballe a Ence como ía, e ofrecéronme máis máquinas. Foi entón cando comprei outra máquina, e xa contratei ao meu primeiro traballador, e así sucesivamente ata que a empresa se fixo un pouquiño máis grande e xa fixen unha SLU. A empresa chámase desemboque Juan Carlos Lorca, e desde fai xa bastante tempo seguimos agrandando a empresa. Temos 9 ou 10 máquinas máis ou menos, algunhas delas paradas porque se quedaron un pouco antigas, pero funcionan, e somos uns 11 ou 12 traballadores, repartidos entre o sur e o norte. Por suposto, no norte temos traballadores desta zona, e no sur igual, para evitar longos camiños e mellorar a comodidade. Si é verdade que no sur temos moitísimas restricións no verán e subimos no verán algúns equipos ao norte as restricións son provocadas pola alta calor, o alto índice de probabilidade de que haxa lume, e entón ao non facturar o que temos que facturar, Ence norte acóllenos aquí e botamos a tempada de verán.  Cales son as túas tarefas na empresa e como é a túa día a día? O meu día a día na empresa é como o de calquera xerente, é dicir, garantir que estea todo en orde, os papeis todos en regra, e mesmo garantir a seguridade, que é importantísima. Cando empezamos a traballar vemos a leira, xestiónoa, preparámola para que estea cómoda para os traballadores e vemos por onde empezamos. Logo, se hai avarías, xestiono as avarías, aínda que xa temos un mecánico contratado. Calquera problema que ocorra na empresa tócame a min, e en xeral, son o 'solucionador' de problemas. É dicir, a xestión administrativa, forestal e mesmo o resto de responsabilidades da empresa recaen sobre ti, non? Teño un mecánico contratado e as revisións fortes das máquinas fanas as casas. Igualmente, eu teño moitas máquinas e a casa vén e faime as revisións, as que son xerais, as que son de cada 500 horas normalmente facémolo nós. Despois temos a nosa empresa de prevención de riscos laborais, que nos revisan as máquinas e ponnos ao día no tema de seguridade porque nós temos que ir 120 % coa seguridade sempre ao día. Nese aspecto, temos que cumprir ou non traballamos; non cumprir coa seguridade implica non poder traballar. No ámbito forestal, as anécdotas seguramente poidan ser boas ou malas. Poderíasnos contar algunha? Hai moito pero vou contar unha curiosa que nos sucedeu no sur cambiando unha roda a unha autocargador, que basicamente se me foi rodando a un barranco e perdémola de vista, ou sexa, que non sabiamos onde estaba e estivo perdida varias semanas. E despois, tamén me ocorreron cousas non tan boas. Sufrimos moitos volcos ao longo de 25 anos; eu envorquei moitas veces, envorquei en Francia porque é complicado, tamén alí no sur varias veces, etc., aínda que con sorte non me fixen moito dano.  Igualmente, o máis desagradable que me pasou a min foi a morte dun traballador hai dous anos. Foi o primeiro traballador que tiven e morreu dun ataque ao corazón. Esa foi a experiencia máis desagradable que tiven na empresa, a falta dun compañeiro de traballo con tantos anos xuntos, e fai tan pouco tempo. E se quedamos coas boas, cal pode ser unha boa experiencia aquí? A boa experiencia é que eu sempre soñei que quería formar unha empresa máis ou menos grande, de empezar un monte e acabalo. Empecei con autocargadores, logo comprei as primeiras procesadoras, e iso permitiume empezar e acabar practicamente o monte. Entón, en parte, por iso cumpríuseme ese soño. Agora teño máis máquinas do que eu cría que podía ter e nese aspecto estou contento porque é unha cousa que me gusta.  Agora que traballas con varios equipos, en zonas do sur e do norte, como é o monte galego, ou o do norte en xeral, con respecto ao sur? Hai moitas moitas variacións do norte ao sur. Unha diferenza moi importante, que eu noto, é a continuidade.  Esa continuidade que lle damos ás máquinas fai que os números saian máis e mellores que no norte, como nesta leira, que é tan pequena que cando xa está a lle coller a dinámica á leira acabóuseche e tes que volver planificar outra, transportar, etc.  Despois outra das cousas que vexo no norte é sobre a cultura forestal. Por exemplo, aquí estamos en Asturias e cando se corta un monte, brota, e na maioría de casos non lle fan selección, quedando moita maleza, e os propietarios deberían dedicarlle máis recursos ao monte. Para isto, Ence Terra ten un departamento que axuda gratuitamente a todos os propietarios forestais a analizar a terra da parcela, a seleccionar a variedade máis apropiada ao terreo, e ademais danlle pautas de como dispoñer a plantación para facilitar futuros tratamentos silvícolas. Estas cuestións coidan e melloran a xestión forestal, podendo chegar a multiplicar por tres a produción.  Outra cousa que me atopei aquí é que hai montes que están sobredimensionados, e é unha cousa que non me cadra. A xente di ‘oe, eu teño teño un monte que mira que madeira ten, de 70-80cm e mira que altura’. Niso están totalmente equivocados, o eucalipto hai que cortalo cando a curva de crecemento xa empezou a dobrarse e aí, se son 9 anos, pois 9, e se son 12, 12 pero nunca deixar que se sobredimensione porque aumentamos o perigo ao caerse o eucalipto, e haino que tirar con motoserra, non o abarcan as máquinas, e é moi pesado, ten moitas ramas secundarias, entón as producións con eucalipto son máis baixas que cunha idade. E á hora de traballar con maquinaria, notas moita diferenza no terreo, con respecto ao sur? No sur a maioría dos terreos son aterrazados e traballamos a curvas de nivel. Preparamos a terraza pola que temos que ir, enchémola un pouco, ensanchámola, e por aí vai toda a madeira. Aquí practicamente non hai terraza, hai que traballar a máxima pendente. Por outra banda, alí é un monte máis ordenado; temos unha marquilla que respectan as anchuras das máquinas, e basicamente é máis fácil de traballar aínda que a madeira sexa máis feble. Nas producións que facemos alí, grazas á continuidade que ten a leira, a ordenación, e esa madeira que é longa fina pero non hai nada que interrompa no seu camiño, para o procesado é ideal cos cabezales que temos nós. E respecto diso, considera que o monte galego está ben mecanizado? Galicia é pioneira no tema de eucalipto, ou sexa, en Galicia está súper preparada co tema de maquinaria. Está moi avanzada. O que é a meseta galega, que é moi chaira, está moi ordenada porque o permite o terreo, e hai moi bos eucaliptos, pero a medida que baixamos cara á praia, están os terreos con pendente e xa hai máis dificultades de ordenación. Aínda así, as plantacións, as rozas e mesmo as tarefas silvícolas están moi en orde na maior parte do territorio, por iso Galicia está moi ben mecanizada porque eu creo que é pioneira en tema forestal. Como consideras que se poderían mellorar os accesos en Galicia? Agora mesmo os accesos aos montes en Galicia é algo complicado porque hai leiras e leiras. Eu creo que a clave está na concentración parcelaria, tanto para os dous propietarios como para nós. Eu creo que facer un monte e preparar un monte de media hectárea sen tocar os montes de ao redor, que igual non teñen a mesma idade, é unha cousa que chama moito a atención vindo do sur. Entón, cando eu vexo iso, a solución que vexo é a concentración parcelaria porque se unifican idades de eucalipto e agrándanse as leiras.  Por exemplo, se hai trinta leiras pois se cadra hai 30 hectáreas, e entón pódense facer os accesos máis longos, entradas e saídas máis concretas, con menos perigo, máis rápidas, que non meterse nunha zona onde hai que quitar media hectárea rodeada de monte. Eu creo que a base de todo é a concentración parcelaria, e que se unifiquen as idades do eucalipto. Vimos que traballas principalmente con maquinaria Ecolog, por que? Unha das miñas primeiras máquinas foi unha procesadora Ecolog e foi un salto bestial ao que nós tiñamos en Huelva. Non tiñamos máquinas como esas, tiñamos mixtas e máquinas convertidas en procesadoras, e en xeral, moi rudimentarias. Cando empecei a coller a Ecolog, as producións aumentaron, a facilidade de adaptación que ten coa nivelación ao terreo son espectaculares, por exemplo, nunha pendente non fai falta dar marcha atrás e volver empezar desde abaixo senón que podes darche a volta na pendente perfectamente. É unha máquina que sempre me encantou.  Ademais, eu cando compro unha máquina sempre vexo que teña un servizo técnico preto e de boa calidade, e o servizo que temos de Ecolog en España agora mesmo é moi bo. Nós pedimos as pezas a Huelva e ao día seguinte témolas sen ningún problema. Teño varios procesadores Ecolog e varios autocargadores, en Huelva teño a 94, que é moi grande, téñoa alí porque aquí non entraría en moitos montes por anchura, e tamén teño as 574 que de anchura van ben para este contexto, e son ideais porque á parte de ter un bo servizo, teñen un consumo diario moi baixo. Entón, con que puntos fortes quedarías? A versatilidade que ten para adaptarse ao terreo seguramente sexa do mellor. Xa dígoche que a nivelación e adaptación das patas fai que ti che sintas máis seguro na máquina. Se tes algún problema de que poidas envorcar, podes repartir o peso e tentar que non envorque a máquina. En definitiva, o nivelado achega comodidade, e sobre todo seguridade no traballo. E en canto cabezal, tamén utilizas a gama de LogMax? Eu teño un cabezal de LogMax que ten 30.000 horas e está a funcionar aínda, ou sexa, que se vas repondo pezas que se gastan non hai problema ningún. Aínda que está deseñado para piñeiro pero pela perfectamente o eucalipto. Teño o 5000, teño o 6,000, etc, pero aquí no norte os 5000 van moi ben, con todo no sur, cando chegamos ao verán, cústalle pelar a calquera cabezal porque hai dous paros vexetativos nos que a cortiza se agarra moito á madeira e costa moito pelar.  Xa digo, aquí no norte vai de marabilla, ten unha tecnoloxía controlable, fácil e adáptase moi ben aos tipos de madeira. Ademais é cortito e pasa ben os paus con curva. En definitiva, para min é un dos mellores cabezales que existe. Como ves o futuro da madeira no ámbito galego? No norte, falar sobre o futuro da madeira é complicado porque cando tes tanta superficie cunha especie que non é autóctona sempre temos moitísimos problemas. Non hai unha especie de crecemento rápido que convive perfectamente con outras especies, e o eucalipto sempre se criticou bastante. É un tema complicado e unha pregunta complicada. Igualmente, eu creo que si sairá sairá porque move moito diñeiro.  Hai que esperar que mellore co tempo e coa xestión das leiras. Cando a xente vexa que ten unha parcela pequena e que produce bastante, eu creo que tirará bastante pero para iso teñen que ter unha mentalidade silvícola. Ao final, non é o mesmo facer unha finca correctamente plantada e rozada, con tocóns visibles e accesibles, que unha parcela que non está feita desta maneira. Ademais de ser moito máis segura e máis rápida tamén mellora a produción. E nestes momentos, que plans de futuro tes? Agora mesmo estounos xerando. Os meus plans de futuro hai un ano eran montar unha empresa aquí no norte, e xa os teño feitos; agora estou a me adaptar. A min sempre me gustou empezar e acabar un monte, e agora, a única máquina que me fai falta é a empacadora. Entón o meu proxecto de futuro nesta zona vai ser estabilizarme aquí e ir a pola empacadora para deixar os montes libres de polas. Que fai Juan Carlos no seu tempo libre? Eu teño pouco tempo, pero o pouco tempo que teño por suposto dedícollo á familia e a algúns hobbies, moi conectados coa natureza e o monte, pesca, sendeirismo, etc. Fago un pouco de todo, todo relacionado con iso, pero ao final coincídeme un fin de semana e queda curto, aprovéitoo principalmente para estar cos nenos, e vou pescar con eles ou algo así.

Exemplos de vacas Fleckvieh con máis de 100.000 litros e 8 toneladas de graxa e proteína producidas

Estimados lectores, na seguinte publicación gustaríame presentarlles algunhas vacas moi especiais. Estes animais son moi importantes para os criadores, non só porque acompañan aos seus donos creando lazos emocionais durante boa parte das súas vidas, senón porque as súas fillas, netas e bisnetas terán un impacto significativo na xenética de todo o rabaño no sentido máis positivo.

A lonxevidade na raza Fleckvieh é unha característica distintiva que atraeu a atención e admiración dos criadores de gando en todo o mundo. Este trazo é fundamental na filosofía de cría de Fleckvieh Austria, que se centra na sustentabilidade e a resistencia ao longo das xeracións.

As vacas Fleckvieh son coñecidas pola súa robustez, facilidade de manexo e vigor, o que contribúe significativamente á súa impresionante lonxevidade. Estes animais, criados para resistir unha variedade de condicións ambientais e de produción demostran unha resistencia excepcional a enfermidades e unha resiliencia xeral que os mantén fortes e produtivos durante moitos anos.

Vacas lonxevas e boas produtoras de leite e de carne

Un dos factores crave que contribúen á lonxevidade das vacas Fleckvieh é a súa estrutura xenética ben equilibrada. A selección coidadosa dos trazos xenéticos LEITE : CARNE : FITNESS levou a unha poboación de gando que non só produce leite de alta calidade e carne magra, senón que tamén exhibe unha durabilidade excepcional.

Este equilibrio xenético tradúcese nunha vida útil prolongada, permitindo ás vacas Fleckvieh contribuír de maneira constante e positiva ao rabaño ao longo de varias lactacións. Outro aspecto importante é a resistencia a problemas de saúde comúns que poden afectar a outras razas. A capacidade das vacas Fleckvieh para manter unha boa saúde e condición ao longo do tempo non só beneficia a produción de leite e carne, senón que tamén minimiza os custos de coidado veterinario, o que é unha vantaxe adicional para os criadores. Pois ao final, que gandeiro non desexa que quede máis diñeiro no seu peto?

Ademais, a lonxevidade da raza Fleckvieh está apoiada por prácticas de manexo adecuadas e un enfoque holístico cara á saúde e o benestar animal. Os criadores que adoptan métodos de manexo respectuosos e proporcionan unha contorna adecuada para os seus rabaños contribúen significativamente á lonxevidade e a calidade de vida das vacas Fleckvieh.

Dado que o noso obxectivo na cría de Fleckvieh é pensar e criar de maneira integral e sustentable, tamén queremos avaliar estes servizos extraordinarios da seguinte maneira. Definimos os criterios a continuación:

1. Unha produción vitalícia de polo menos 100.000 quilogramos de leite
Este é simplemente un punto de referencia común na cría de gando en todo o mundo e é sinónimo de rendemento sustentable en Europa. Cada vez máis granxas Fleckvieh presentan con orgullo e respecto a estas “Damas experimentadas”.

2. Unha produción total vitalicia de polo menos 8.000 quilogramos (8 Toneladas) de graxa e proteína

Estas son as “8T”, por así dicilo. A cantidade de graxa e proteína é o noso criterio real de selección para o leite e, por tanto, tamén o criterio de clasificación para a produción vitalicia. Na cría de gando Fleckvieh, gustaríanos manter a porcentaxe destes sólidos un pouco máis alta, xa que isto significa que a proporción de lactosa é relativamente menor. Isto aumenta a eficiencia do sistema, xa que a produción de lactosa utiliza máis enerxía sen agregar ningún valor.

3. Debe revelarse a esencia da raza (A vantaxe especial de Fleckvieh), chámese o “Dobre Propósito”

O musculoso e elegante aspecto natural destas vacas non só as estabiliza, senón que tamén asegura que os animais puros de raza poidan producir carne da mellor calidade e cantidade ademais do seu leite. Cada tenreiro, macho e femia, que non se utiliza para a recría é excelente para o cebo, e utilízase desa maneira.

Este fenómeno foi apoiado por evidencia científica. Mentres que en razas leiteiras unilaterais (un só propósito), a masa muscular dunha vaca alcanza o seu punto máximo na primeira lactación para logo diminuír gradualmente, no caso das vacas Fleckvieh, coa súa naturalmente elevada masa muscular, esta continúa acumulándose até a sexta ou sétima lactación. Esta particularidade explica de maneira elocuente por que as Fleckvieh desempeñan un papel dual: mesmo en animais de avanzada idade, seguen producindo canais de excelente calidade. Unha vaca de produción vitalicia, clasificada como “8T”, xeralmente xera máis de catro toneladas de carne de alta calidade ao longo da súa descendencia.

Ademais dos aspectos económicos, este “Dobre Propósito” ten unha vantaxe moi grande que só cobrou importancia nos últimos anos, pero que agora se está volvendo cada vez máis importante: Esta revélase como a maneira máis respectuosa e eco-amigable de producir leite e carne, respondendo as inquietudes que avogan pola preservación ambiental.

Por suposto, sabemos que non se trata de animais individuais a nivel de poboación. A produción media vitalicia é o criterio real. Estamos satisfeitos coa tendencia consistentemente positiva no crecemento nos últimos anos. Nas últimas contas anuais, as vacas Holstein foron superadas por primeira vez en termos de graxa e proteína. O crecemento anual de aproximadamente 2%, que persistiu durante dez anos, baséase nun lixeiro aumento na lonxevidade e un maior aumento na cantidade de graxa e proteína durante a lactación.

Desta maneira, gustaríame compartir unhas imaxes dun grupo de vacas de produción vitalicia “8T” con “Dobre Propósito”:

ICEAGE AT 69 8409 517 (GS RAU x POKEMON)

Nacimiento: 27.07.2010

Lactancia actual/Lactancia cerrada: 10/9 (305 d.) 9.317 kg – 4,40 %G – 410 kg G – 3,59 %P – 335 kg

Lactación más alta: 7. (305 d.) 11.233 kg – 4,27 %G – 480 kg G – 3,52 %P – 395 kg P

Producción vitalicia: 100.924 kg / 8,2 toneladas de grasa y proteína producidas

Criador: Ing. Reinhard Scherzer en Carintia

Foto: Luca Nolli

ZILLI AT 13 5143 622 (GS VETTEL x GS MG)

Nacimiento: 09.11.2013

Lactación actual/Lactación cerrada: 8/7 (305 d.) 13.903 kg – 3,79 %G – 527 kg G – 3,41 %P – 474 kg P

Lactación más alta: 5. (301 d.) 15.234 kg – 3,78 %G – 576 kg G – 3,40 %P – 518 kg P

Producción vitalicia: 104.110 kg / 8,0 t G+P

Criador: Fam. Lichtenegger en Carintia

Foto: Luca Nolli

LISSI AT 62 1297 717 (RECHBERG x VANSTEIN)

Nacimiento: 29.03.2010

Lactancia actual/Lactancia cerrada: 10/10 (305 d.) 10.005 kg – 4,19 %G – 419 kg G – 3,41 %P – 341 kg P

Lactación más alta: 4. (305 d.) 11.452 kg – 4,62 %G – 529 kg G – 3,47 %P – 397 kg P

Producción vitalicia: 107.369 kg / 8,2 t G+P

Criador: Irmgard u. Johann Rienesl en Alta Austria

Foto: Fleckvieh Austria

RITTA AT 80 4111 117 (WAL x RUMBA)

Nacimiento: 27.07.2010

Lactación actual/Lactación cerrada: 11/10 (305 d.) 10.075 kg – 4,61 %G – 465 kg G – 3,48 %P – 350 kg P

Lactación más alta: 6. (305 d.) 11.483 kg – 4,97 %G – 571 kg G – 3,38 %P – 388 kg P

Producción vitalicia: 103.410 kg / 8,4 t G+P

Criador: Gabriele Blaimauer en Baja Austria

Foto: Himmelsberger

ERLE AT 64 9691 509 (WAL x GS ZOMBO)

Nacimiento: 27.09.2006

Lactación actual/Lactación cerrada: 13/13 (305 d.) 8.490 kg – 4,27 %G – 363 kg G – 3,29 %P – 279 kg P

Lactación más alta: 5. (305 d.) 10.895 kg – 4,17 %G – 454 kg G – 3,21 %P – 350 kg P

Producción vitalicia: 120.084 kg / 9,1 t G+P

Criador: Sophie Grabner en Baja Austria

Foto: Himmelsberger

HALMA AT 12 8873 118 (HUPSOL x DRUMMOND RC)

Nacimiento: 24.12.2009

Lactación actual/Lactación cerrada: 10/9 (305 d.) 10.827 kg – 3,95 %G – 428 kg G – 3,48 %P – 377 kg P

Lactación más alta: 7. (305 d.) 12.300 kg – 3,82 %G – 470 kg G – 3,32 %P – 408 kg P

Producción vitalicia: 108.881 kg / 8,1 t G+P

Criador: Johann Gspan en Tirol

Foto: Fleckvieh Austria

MARGOT AT 85 8255 816 (RAIN MAN x GS REHARD)

Nacimiento: 24.08.2008

Lactación actual/Lactación cerrada: 12/11 (301 d.) 7.932 kg – 4,41 %G – 350 kg G – 3,41 %P – 270 kg P

Lactación más alta: 9. (287 d.) 9.941 kg – 3,34 %G – 332 kg G – 3,40 %P – 338 kg P

Producción vitalicia: 101.486 kg / 8,0 t G+P

Criador: Obernosterer Anton en Carintia

Foto: Schöffmann

LICHUTUNG AT 07 9761 219 (JERUDO x IMPOSIUM)

Nacimiento: 16.09.2011

Lactación actual/Lactación cerrada: 10/10 (299 d.) 10.107 kg – 4,51 %G – 456 kg G – 3,68 %P – 372 kg P

Lactación más alta: 7. (277 d.) 11.446 kg – 5,00 %G – 573 kg G – 3,55 %P – 407 kg P

Producción vitalicia: 103.802 kg / 8,5 t G+P

Criador: Pirker Heinz en Carintia

Foto: Fleckvieh Austria

ASTI AT 46 7288 118 (IMPOSIUM x ROCHUS)

Nacimiento: 21.07.2010

Lactación actual/Lactación cerrada: 11/10 (305 d.) 9.377 kg – 4,19 %G – 393 kg G – 3,50 %P – 328 kg P

Lactación más alta: 7. (305 d.) 10.263 kg – 4,19 %G – 430 kg G – 3,55 %P – 365 kg P

Producción vitalicia: 108.429 kg / 8,4 t G+P

Criador: Schrems Hubert en Alta Austria

Foto: Penn

ANITA AT 54 0075 819 (WALDBRAND x GS RESALF)

Nacimiento: 31.03.2012

Lactación actual/Lactación cerrada: 9/9 (302 d.) 10.259 kg – 4,15 %G – 426 kg G – 3,69 %P – 379 kg P

Lactación más alta: 5. (305 d.) 10.549 kg – 4,41 %G – 465 kg G – 3,82 %P – 403 kg P

Producción vitalicia: 101.656 kg / 8,0 t G+P

Criador: Burmetler Monika u. Manfred en Baja Austria

Foto: Fleckvieh Austria

PIA AT 83 0845 316 (GS HOCHKÖNIG x WATERBERG)

Nacimiento: 10.09.08

Lactación actual/Lactación cerrada: 11/11 (303 d.) 8.608 kg – 4,72 %G – 406 kg G – 3,94 %P – 339 kg P

Lactación más alta: 4. (305 d.) 9.835 kg – 4,78 %G – 470 kg G – 3,97 %P – 391 kg P

Producción vitalicia: 105.661 kg / 9,4 t G+P

Criador: Fam. Prenner en Estiria

Foto: Fleckvieh Austria

PATRIZIA AT 37 4171 218 (WAL x ROMALF)

Nacimiento: 10.08.2010

Lactación actual/Lactación cerrada: 10/10 (303 d.) 9.576 kg – 4,40 %G – 421 kg G – 3,53 %P – 338 kg P

Lactación más alta: 10. (305 d.) 11.411 kg – 4,14 %G – 473 kg G – 3,53 %P – 402 kg P

Producción vitalicia: 101.134 kg / 8,1 t G+P

Criador: Fam. Prenner en Estiria

Foto: Fleckvieh Austria

BIRKE AT 57 4238 719 (WALDBRAND x GS RAU)

Nacimiento: 12.07.2012

Lactación actual/Lactación cerrada: 9/8 (292 d.) 12.554 kg – 3,82 %G – 480 kg G – 3,22 %P – 404 kg P

Lactación más alta: 5. (305 d.) 14.378 kg – 3,80 %G – 547 kg G – 3,23 %P – 465 kg P

Producción vitalicia: 114.956 kg / 8,1 t G+P

Criador: Mauerhofer Johann en Estiria

Foto: G. Moy

BLANKA AT 13 8716 118 (HUPSOL x WEINOLD)

Nacimiento: 29.01.2010

Lactación actual/Lactación cerrada: 11/10 (305 d.) 10.298 kg – 3,99 %G – 411 kg G – 3,43 %P – 354 kg P

Lactación más alta: 4. (305 d.) 10.945 kg – 4,01 %G – 439 kg G – 3,50 %P – 383 kg P

Producción vitalicia: 115.194 kg / 8,6 t G+P

Criador: Leopold Dichtl en Tirol

Foto: Fleckvieh Austria

BETTY AT 52 3550 516 (VANSTEIN x HOSTRESS)

Nac.: 05.02.2008

Lactación actual/Lactación cerrada: 8/8 (301 d.) 12.289 kg – 3,90 %G – 479 kg G – 3,32 %P – 408 kg P

Lactación más alta: 5. (305 d.) 15.234 kg – 3,84 %G – 585 kg G – 3,20 %P – 488 kg P

Producción vitalicia: 118.387 kg / 8,5 t G+P

Criador: Peter Steiner en Tirol

Foto: Fleckvieh Austria

En resumo, a lonxevidade da raza Fleckvieh é o resultado dunha combinación única de factores xenéticos, resistencia, coidado adecuado e manexo responsable. Esta característica non só reflicte a fortaleza da raza, senón que tamén destaca a importancia da sustentabilidade e a durabilidade na cría de gando Fleckvieh, o cal impacta directamente no rendemento óptimo das granxas leiteiras.

Bisannia Pradera Selenio: fertilizante, caliza e selenio nunha soa aplicación

Bisannia Pradera Selenio é un fertilizante pensado para zonas de montaña e media montaña que se caracterizan por un manexo difícil debido á orografía do terreo. Todas aquelas zonas de montaña e media montaña, tan abundantes en Galicia, son susceptibles de utilizar este produto, aínda que isto non exclúe a outras zonas. En palabras de Alonso López, Product Manager de Delagro: “Trátase dun excelente produto para usar en todas aquelas zonas nas que, pola orografía ou o clima, non se pode acceder con facilidade. Desta forma, nunha vez aplicamos caliza e fertilizante”.

O novo deste produto radica na súa formulación e a súa aplicación. No relativo á súa formulación, de base nitroxenada, conta cunha caliza granulada máis avanzada do mercado: Calcampo Plus. Desta forma obtemos un fertilizante cuxo beneficio é dobre: realizamos unha achega de fertilizante ao mesmo tempo que aportamos caliza para corrixir o pH, logrando un maior aproveitamento de nutrientes por parte a planta.

Bisannia Pradera Selenio mellora a eficiencia do abonado, ao achegar dous produtos nunha mesma aplicación. Isto contribúe a mellorar o manexo naquelas zonas de montaña. “Bisannia Pradera Selenio supuxo unha revolución e un gran éxito debido á súa forma de aplicación, xa que facilita moito o manexo ao gandeiro, por non falar do aforro de diñeiro e tempo que supón o non ter que facer varias aplicacións”, continúa Alonso.

A gran fortaleza de Bisannia Pradera Selenio está na súa formulación e facilidade de manexo

Outra das grandes virtudes que ten este produto é que na súa formulación leva incorporado Selenio. O Selenio, de maneira natural, adoita estar dispoñible en cantidades insuficientes nas forraxes, tendo que realizar, en ocasións, suplementación nos animais para que teñan niveis correctos deste mineral.

O Selenio é fundamental na eficiencia reprodutiva, tanto das femias como dos machos; así como tamén para a fase que vai desde o nacemento até o destete dos tenreiros. Existen estudos que relacionan os niveis correctos de Selenio dos becerros cun maior aumento de peso (Guyot et al., 2006).

Nos tenreiros que se alimentaron co costro de mellor calidade, proveniente das vacas que recibiron o selenio na súa forma orgánica constátase unha maior inmunidade. Así mesmo, os índices de diarrea diminuíron significativamente. Ademais dunha mellor saúde, os xatos presentaron unha maior ganancia de peso e, por tanto, foron destetados en óptimas condicións. Dita situación tamén se viu no estudo realizado por Davis et al., 2005.

Bisannia Pradera Selenio é un produto distribuído por de Delagro que se comercializa en todas as súas cooperativas socias e distribuidores.

Máis información:

Alonso López Product Manager Delagro
Teléfono: 608 67 34 83
www.delagro.org

Cisternas flexibles Labaronne: Unha solución económica e sen malos cheiros para almacenar xurros

O almacenamento do xurro é un dos puntos críticos nas gandarías en estabulación, especialmente en vacún de leite e en porcino. A construción de fosas é custosa, esixe numerosas licenzas e se non está cuberta reduce considerablemente a súa eficiencia ao recoller tamén a auga de choiva. Por non falar dos malos cheiros que se xeran na fosa e do nitróxeno que se perde, e por tanto valor fertilizante do xurro, a través das emisións de amoníaco.

Estes inconvenientes teñen fácil solución se se opta polos depósitos flexibles Labaronne, unha alternativa sinxela, segura e duradeira para o almacenamento do xurro. Inventados e fabricados pola empresa francesa Labaronne hai 60 anos chegan a España grazas a Nutriset, empresa barcelonesa que os distribúe para toda a península ibérica.

As cisternas flexibles Labaronne son a MTD (Mellores Técnicas Dispoñibles) máis eficiente para o almacenamento de xurro. Reducen as emisións de amoníaco nun 100% e cumpren coa normativa europea de redución de emisións. Ademais, son perfectas para eliminar riscos laborais, xa que non deixan escapar vapores e eliminan a posibilidade de caídas ao interior.

Estas son as principais vantaxes dun produto que conta cunha garantía de 10 anos sobre o tecido e as soldaduras:

-Moi fáciles de instalar:

As cisternas flexibles de Labaronne son moi fáciles de instalar en tres sinxelos pasos: abrir, desenrolar e desdobrar. Unha vez feito esta conéctanse á tubaxe pola que entrará o xurro e xa poden entrar en funcionamietno. Sen necesidade de obras, son a solución máis práctica e intelixente para o almacenamento de líquidos.

Sen necesidade de permisos de obra, adáptase a calquera superficie plana e sólida. Baixo custo e sen gastos extras de mantemento. Lixeiro e fácil de transportar, con reparacións sinxelas e montaxe rápida. Pódese desmontar con facilidade e recolocar para non afectar o terreo dispoñible.

-Alta calidade do produto:

Están feitas cun trenzado de poliester ultrarresistente e logo bañadas en PVC flexible. Esta combinación é a que fai que sexan flexibles e moi resistentes. Están preparadas para soportar temperaturas de entre -30º e 70º en exteriores e agauntar a radiación solar grazas ao seu tratamento anti-UV.

As cisternas Labaronne están fabricadas cumprindo a normativa ISO 9001, con tecido adaptado a cada capacidade e soldado por Alta Frecuencia para asegurar resistencia, seguridade e estanqueidade das unións, sen roturas por degradación.

O seu volume está garantido cun coeficiente de seguridade e ten unha longa vida útil (hai cisternas con máis de 45 anos de servizo).

-Amplo rango de capacidades:

Dispoñen dunha ampla gama de capacidades de cisternas, que van desde uns poucos litros até 2 millóns de litros. Ademais, ofrecen a posibilidade de modular volumes con varias cisternas interconectadas, todo a medida para adaptarse ás necesidades de cada gandaría.

-Almacenamento seguro, sen malos cheiros e sen perdas de amoníaco:

Os depósitos Labaronne non conteñen aire no seu interior, senón que se inflan e desinflan en función da cantidade de produto que entre e saia. Isto evita os malos cheiros propios do xurro e reduce as emisións de amoníaco á atmosfera por completo. Está considerada a mellor solución para isto porque é a única que reduce esta contaminación ao 100%.

Ademais, estas cisternas son seguras, sen risco de accidentes por caídas.

-Asesoramento individual para cada gandaría antes e despois da venda:

En Nutriset, ademais, acompañan e aconsellan aos responsables das explotacións gandeiras para crear proxectos individuais, valorando cada caso independentemente en lugar de vender produtos estándar. Tamén dispoñen dun servizo técnico que axuda nas instalacións de grandes proxectos para asegurar a calidade de todo o proceso. En Nutriset nunca deixan ao cliente só, senón que o acompañan de principio a fin.

Máis información:

Teléfono: 93 836 00 62

labaronne@nutriset.com

Páxina web

Blue Cycle: Aumento do poder fertilizante do xurro e redución de emisións

A sustentabilidade das producións gandeiras é un dos principais retos aos que se enfrontan as nosas explotacións. Os compromisos ambientais (European Green Deal) advirten da necesidade de mitigar as emisións de gases de efecto invernadoiro (GEI). Tamén de reducir as achegas de fertilizantes nitroxenados e fosfóricos de síntese.

Aínda que non é un gas de efecto invernadoiro (GEI), o amoníaco é outro dos gases contaminantes xerados como consecuencia da actividade agrogandeira suxeito a limitacións de emisión (Directiva UE/2016/2284). O informe de proxección de emisións de amoníaco realizado polo Ministerio para a Transición Ecolóxica en marzo de 2019 propón unha redución do 45 % das emisións para o sector de vacún de leite.

Para completar o novo marco legal sinalaremos a entrada en vigor do RD 1051/2022 sobre Nutrición Sustentable dos Solos Agrarios que obriga ás granxas a estableceren plans de abonado en función dos rendementos forraxeiros esperados tendo en conta as analíticas de solo e do xurro.

Debemos considerar o xurro como o recurso principal e prioritario sobre o que debe gravitar a nutrición dos nosos cultivos. Será clave a xestión, o manexo e a valorización dos xurros

O desafío que expomos con Blue Cycle é aumentar o valor fertilizante dos nosos xurros á vez que nos minimizamos as emisións nocivas.

Caracterización do valor nitroxenado do xurro

Unha UGM xera 20 m3 de xurro ao ano cun contido medio de MS do 12%, que pode variar se á fosa chegan augas pluviais ou de limpeza das instalacións, ou pola adición de material de camas ou outros restos vexetais (Castro, 2002).

En canto ao seu valor nitroxenado, o xurro contén dúas fontes repartidas ao 50%: unha de orixe inorgánica, en forma de amoníaco que procede da fracción líquida; e orgánico en forma de péptidos, aminoácidos ou N asociado a lignocelulosa contidos na fracción sólida.

O amoníaco caracterízase pola súa alta volatilidade. É en gran medida responsable dos cheiros, outro dos impactos que máis sensibiliza á poboación. O nitróxeno orgánico libérase máis lentamente despois de sufrir procesos de mineralización.

Razóns para aditivar o xurro con Blue Cycle.

Con respecto ao nitróxeno do xurro, o desafío está en tratar de evitar as perdas por volatilización do amoníaco que contén. Cubrir as fosas ou aplicar o xurro con incorporación ao terreo son algunhas medidas que contribúen a mitigar as súas perdas.

Un paso máis nesta dirección é aditivar o noso xurro con Blue Cycle. Blue Cycle contén tecnoloxías que permiten fixar o amoníaco e retelo no xurro de forma estable. Grazas a iso, dispomos de máis N dispoñible para os cultivos e minimizamos os cheiros en granxa ou durante a súa aplicación ao chan.

En caso de porcino, acreditáronse diminucións do nivel de amoníaco no ambiente do 44%

En probas levadas a cabo en aplicacións directas de Blue Cycle á fosa de xurro, neste caso de porcino, acreditáronse diminucións do nivel de amoníaco no ambiente do 44% con aumentos do valor nitroxenado do xurro do 16% fronte a control.

Blue Cycle contén ademais tecnoloxías que contribúen a acelerar a descomposición da fracción sólida do xurro, facilitando o seu biodispoñibilidade para os cultivos. A consecuencia máis inmediata e visible é o aumento na fluidificación do xurro. Grazas a iso, podemos evitar en gran medida ter que bater na fosa antes de cargar. Tamén se minimizan as obturacións nos circuítos de aplicación localizada das cisternas. Desde o punto de vista agronómico, unha pradaría tratada cun xurro máis fluidificado vainos contribuír a obter mellores rebrotes. Tamén minimizaremos os riscos de contaminación clostrídica nos ensilados resultantes.

Blue Cycle, modo de emprego

Como anticipamos, Blue Cycle é un mix de aditivos tecnolóxicos para o tratamento das dexeccións gandeiras. Trátase dunha presentación líquida para diluír en auga.

A dosificación farase atendendo ao volume de xurro xerado e ao desafío co que nos atopemos (costra relevante, fortes cheiros, etc). En todo caso, recoméndase que se sigan as prescricións do provedor.

Blue Cycle non necesita activación, podéndose preparar a dilución xusto antes da aplicación. A cantidade de auga empregada será a adecuada para garantir unha repartición homoxénea pola zona a tratar. Unha vez preparada a dilución, pode aplicarse nos corredores, emparrillados, canles ou directamente á fosa.

Para máis información:

Daniel Baizán. Product Manager Blue Cycle Delagro

daniel.baizan@delagro.org / 636264718

Gandaría Gómez González: Máis de 17 anos co seu robot de muxido Lely Astronaut A3

Juan Carlos Gómez González na súa gandería

A gandaría Gómez González, en Bretoña (A Pastoriza), na provincia de Lugo, foi a precursora do muxido robotizado na zona, cando aínda en Galicia había moi poucas unidades instaladas. O seu propietario, Juan Carlos Gómez González, dixo que “fun a Asturias ver o primeiro A2, por esta zona non había ningún robot, vin un A2 con vacas vermellas e tiña unha conexión sobresaliente, despois vimos uns en Sarria e a verdade é que non tardamos en tomar a decisión”.

Este gandeiro lucense é moi claro ao ser preguntado por que escolleu Lely: “Escollemos Lely porque era o mellor”, comenta con firmeza. O seu robot de máis de 17 anos de antigüidade ten todas as actualizacións posibles e é un robot, segundo Juan Carlos, que “dá menos problemas que cando era novo”.

Para o propietario desta explotación láctea da provincia de Lugo é básico que “o que queira ter un robot de muxido, ten que facerlle bos mantementos, tanto ou máis ca un coche”.”O robot vai mellor hoxe que antes, ten máis capacidade e o servizo técnico está máis preparado que cando empecei coa máquina”, afirma Juan.

Despois de 17 anos de funcionamento “a máquina está completamente rendibilizada”, comenta Gómez González. Para Juan, “o investimento nun robot de muxido é bastante forte, pero tes que poder amortizalo pronto, porque aí é onde está a verdadeira marxe”.

O seu primeiro Lely A3 leva máis de 1.000.000 de muxidos realizados de forma exitosa, e para Juan Carlos a clave para que dure e siga sendo rendible é sempre “facerlle un bo mantemento, do que Lely ocúpase á perfección”.

Anos despois Gómez González bota a vista atrás e móstrase satisfeito: “Este robot saíu ben e para nós era o apropiado, se non fóra ben teríamos cambiado de marca ou volto á sala, e foi todo o contrario”, porque a súa experiencia coa marca holandesa foi e é “sobresaliente”.

Tan contento estaba Juan Carlos que fai tres anos decidiu “meter unha segunda unidade, e cos A4 e A5 no mercado non dubidei nin por un momento en meter un A3”, comenta. Para este gandeiro lucense, o seu Lely Astronaut A3 é “unha máquina sobradamente contrastada e que traballa de forma moi eficiente2. Ademais, comenta que “na miña gandaría as vacas xa están afeitas á forma de entrar e saír, mesmo ao ruído da máquina, polo que non vin a necesidade de pór outro modelo que non fose este e, unha vez máis, non me equivoquei”.

A súa granxa está dividida en dous parques diferentes, un para cada robot de muxido. No segundo parque, como comenta o gandeiro, “estou limitado de espazo e suelo ter as vacas máis duras de muxir, as que teñen algún problema”. Juan Carlos non ten ás súas vacas separadas por partos. “Pensei que este era o sistema que mellor se adaptaba á miña forma de traballar no día a día cos animais”, comenta.

En canto aos seus animais, o 80% son vacas frisoas, “pero teño bastantes vacas fleckvieh para mellorar as calidades, para o robot as fleckvieh son vacas moi dóciles, adáptanse moi ben”. A vaca da raza austriaca máis lonxeva na súa granxa é de terceiro parto e, segundo Juan, “aínda é moi cedo para valorar a súa produción e a súa duración en anos”.

Nestes momentos, as vacas fleckvieh desta granxa lucense sitúanse nos 35 litros de media. Aínda que Gómez González tamén afirma que “no robot téñoas cun quilo menos de penso que ás frisoas, xa que son vacas que non necesitan tanto penso como a holstein”.

A ración nesta gandaría componse de 22 quilos de millo, 13 de herba, 8 quilos de bagazo, 6 quilos de mestura e 0,3 de palla. A media de penso fornecido en robot é de 5,5 quilos por vaca e día. Con esta alimentación e un bo manexo dos seus animais, Juan Carlos consegue unha produción próxima aos 38 quilos de leite por vaca e por día, e unha media de muxidos de 3,5.

Ademais dos robots de muxido Lely Astronaut A3, a gandaría de Juan Carlos Gómez González conta tamén cun arrimador de comida Lely Juno 150. “Co arrimador levo uns cinco anos e é outro gran investimento, xa que se nota sobradamente un aumento de produción, pero tamén comen as vacas máis comida ao longo das 24 horas”.

Juan Carlos volve repetir que a súa experiencia con Lely “é inmellorable, se che vai ben cunha máquina é difícil cambiar porque estás contento, se non fose unha boa experiencia non levaría tantos anos coa marca”.

O manexo diario que realizan na granxa é, segundo Gómez González, o seguinte: “Fago as camas entre dúas ou tres veces por día. Cando
chegamos ao establo metemos os atrasos e facemos as camas, que son con carbonato e serrín en cama de colchón, cunha proporción de 80% de carbonato e 20% de serrín”.

Este gandeiro lucense comenta ademais que “as vacas que se arriman ao robot son vacas sempre con algún problema, quitando as vacas primerizas”. “Se unha vaca está ben, accede soa ao robot, só hai algunha con coxeira ou con algunha enfermidade que lle custa máis acceder ao Lely Astronaut”, explica.

As xovencas para Juan Carlos “aprenden moi rápido a acceder ao muxido, case non hai que pelexar con elas”. Este gandeiro de Bretoña afirma que “entre os dous robots arrimo un total de 4 ou 5 vacas á mañá e algunha menos pola tarde”.

Remontándose 17 anos atrás no tempo, Gómez González lembra que “cando puxemos o robot subimos uns dous litros de leite diarios por vaca”, aínda que tamén destaca que “empezamos con bastantes vacas, 70, e sempre o tivemos bastante saturado de animais ata que metemos a segunda unidade”.

Para Juan Carlos o importante non é que “o robot se pague só, que é certo, o primordial para min é a calidade de vida que me dá este sistema”. “Cando montei o robot os meus pais estaban a piques de xubilárense e necesitaba buscar algunha alternativa, e a verdade é que non me equivoquei escollendo o muxido robotizado de Lely”, recoñece.

Nesta gandaría lucense se moxen sobre unhas 100 vacas nos dous robots Lely A3. Para o traballo diario, Juan Carlos conta con dous empregados que tamén lle axudan coas vacas de carne que ten.

En canto á xestión, fala de que os tres “só traballamos catro días xuntos, o resto estamos a librar, eu o que quero é que os traballadores estean cómodos e a gusto, de nada me serve ter un único empregado traballando moitas horas e non estando ben, é mellor ter dúas persoas e levar ben o traballo”, apunta.

Para Gómez González os robots Lely “están dabondo demostrados e comprobados á hora de funcionamento”, e grazas a eles “trabállase dunha forma diferente que na sala, é menos físico e require menos cualificación”.

Juan Carlos pensa que se tivese que viaxar no tempo 17 anos atrás “seguiría apostando por Lely, é a mellor marca do mercado, coas mellores prestacións e, sobre todo, co mellor servizo técnico”.

Ademais recalca que “se mpta que Lely ten un persoal amplo moi cualificado para atender todas as máquinas, algo que se agradece moito, porque cando hai algún problema o que queres é que se solucione canto antes, e nese sentido desde Agrotec Entrecanales son unhas máquinas, desde Bruno até calquera técnico sempre teñen a solución a calquera problema”, conclúe o gandeiro.

Produtos galegos de calidade diferenciada: Unha aposta de éxito para a túa mesa

Galicia pode presumir de contar con ata 37 selos de denominación de orixe ou indicación xeográfica protexida alimentarias. Son experiencias de calidade ás que hai que engadirlles tamén outras producións de excelencia, como son as derivadas das razas autóctonas de Galicia, o selo Galega 100%, que ampara o leite galego de calidade certificada e o selo pescadeRías, que ampara os peixes e mariscos procedentes da frota artesanal galega. Por iso, Galicia non se entende sen a súa gastronomía e, de feito, esta constitúe un dos principais atractivos da súa ampla oferta turística. Así, os visitantes acoden a Galicia atraídos, entre outras cousas, polos seus manxares, sendo esta unha das grandes motivacións para a súa viaxe. Estas producións do campo galego víronse potenciadas nos últimos anos de forma cualitativa e cuantitativa grazas á dinamización dos coñecidos como produtos de calidade. Son recursos alimentarios que constitúen unha das mellores ferramentas das que dispón o medio rural desta comunidade para asegurar o seu futuro, emprender novas vías de desenvolvemento e, mesmo, reinventarse. Coa posta en valor dos produtos de calidade, a través das denominacións de orixe protexidas (DOP) e das indicacións xeográficas protexidas (IXP), os produtos galegos alcanzaron unha nova dimensión, máis competitiva no mercado, atractiva para o consumidor e con todas as garantías de que o produto que se ofrece pasou rigorosos controis de calidade, como mostra do seu especial coidado no proceso de produción e comercialización. Unha realidade que se busca consolidar coa futura Lei da calidade alimentaria de Galicia, para -grazas ás producións con distintivo de calidade- avanzar no desenvolvemento rural, na creación de emprego e na diversidade produtiva.

Experiencias de calidade: 

Carnes

As carnes de Galicia sempre gozaron de prestixio e recoñecemento. No caso do vacún, existe o selo de calidade Ternera Gallega, a indicación xeográfica máis importante no sector cárnico español, que conta tamén coa diferenciación da marca Ternera Gallega Suprema. A protección destas producións viuse potenciada coa Indicación Xeográfica Protexida Vaca Gallega e Buey Gallego. Esta IXP naceu en 2017 para protexer e amparar o sector e ofrecer un produto tan relevante como a carne de vacún maior, garantindo a súa orixe e calidade, igual que se vén facendo desde fai 30 anos con Ternera Gallega. Tamén o sector cárnico de porcino galego de calidade ten o seu recoñecemento coa IXP Lacón Gallego e, no ámbito avícola, convén recordar a incorporación aos selos de calidade do tan coñecido Capón de Vilalba. A maiores, hai que lembrar tamén a extraordinaria calidade dos produtos derivados das razas autóctonas gandeiras de Galicia, razas de gando vacún (Cachena, Caldelá, Frieiresa, Limiá e Vianesa), ovino (Ovella Galega), cabrún (Cabra Galega), aviar (Galiña de Mos), equino (Cabalo de Pura Raza Galega) e porcino (Porco Celta).

Lácteos

Un dos puntos fortes de Galicia é o relacionado coa produción láctea. Neste senso, hai que destacar, en primeiro lugar, a existencia dun indicativo que certifica o leite galego de calidade diferenciada. Trátase de “Galega 100%”, un selo que garante a excelencia do produto e que este, ademais, ten como orixe explotacións da comunidade autónoma. Este selo promociónase ao longo do ano a través de distintos eventos, relacionados fundamentalmente coa gastronomía e co deporte, co fin de incentivar o consumo de leite e de produtos lácteos galegos de calidade entre a poboación, tendo en conta os seus indubidables beneficios para a saúde. Polo demais, Galicia destaca tamén pola calidade dos seus queixos, con catro denominacións de orixe protexidas (Arzúa-Ulloa, Cebreiro, Tetilla e San Simón da Costa). Cada un ten a súa propia personalidade, pero todos coinciden en ofrecer ao consumidor un produto feito co máximo esmero e a partir dunha materia prima –o leite galego– de gran calidade.

Horta

Tamén merece especial recoñecemento a calidade contrastada dos pementos que se producen en Galicia, os de Herbón, O Couto, Oímbra, Arnoia e Mougán. Son cinco tipos diferentes de pementos, amparados baixo un selo dunha denominación de orixe, no caso do primeiro, e de indicacións xeográficas protexidas nos restantes. Os Grelos de Galicia son outro dos produtos da horta galega con calidade amparada por un indicativo específico, coa vista posta nunha maior proxección fóra da comunidade autónoma. Pódense atopar no mercado en varios formatos (fresco, conxelado ou en conserva), o que supón un importante número de consumidores potenciais. As castañas, as patacas ou o mel producidos en Galicia tamén contan cun recoñecemento especial pola súa calidade. En canto á castaña, a zona de orixe deste produto –inseparable do outono galego– abarca a maior parte do territorio de montaña, mentres que no caso do Mel de Galicia, a súa área de produción esténdese por toda a autonomía. A apicultura constitúe ademais un elemento importante da etnografía en Galicia, onde perviven construcións tradicionais vinculadas a esta produción artesanal. A IXP Pataca de Galicia ampara outra referencia da despensa galega, que pode producirse en calquera punto da comunidade. Pola súa parte, a Faba de Lourenzá ou o Pan de Cea, entre outros, asocian o nome da súa zona de produción ao do produto. O cultivo da Faba de Lourenzá abarca o territorio costeiro da provincia de Lugo e con este distintivo déuselle nome propio a esta variedade. Ademais, o Pan Galego, o Pan de Cea, xunto coa Tarta de Santiago, son os tres produtos galegos do sector de panadería e pastelería que contan con distintivo de calidade. A zona de elaboración do pan galego e da tarta é toda Galicia, mentres que no caso do pan de Cea correspóndese co municipio ourensán de San Cristovo de Cea. A Agricultura Ecolóxica –unha denominación que, a diferencia das demais, non ten carácter xeográfico– é outro indicativo de calidade que rexistrou un gran desenvolvemento nos últimos anos en Galicia. Trátase dun sistema de produción de alimentos baseado nun escrupuloso respecto ao medio ambiente, ao benestar animal e ao mantemento e mellora da fertilidade do solo.

Viños e augardentes

Galicia conta con cinco denominacións de orixe de viño (Ribeiro, Valdeorras, Rías Baixas, Ribeira Sacra e Monterrei). Cada unha cunha personalidade ben definida, pero todas cun denominador común: a calidade e a vinculación moi directa co territorio. Cabe tamén destacar os viños con indicación xeográfica (tamén coñecidos como Viños da Terra), dos que contamos con cinco: Barbanza e Iria, Betanzos, Val do Miño-Ourense, Ribeiras do Morrazo e Terras do Navia, recentemente aprobada pola Comisión Europea. A comunidade autónoma destaca tamén pola riqueza e variedade das súas bebidas espirituosas. As indicacións xeográficas das augardentes e dos licores tradicionais de Galicia protexen tanto a augardente, a augardente de herbas, como o licor de herbas e o licor café, bebidas todas elas que forman parte inseparable do imaxinario colectivo desta terra.

Produtos do mar

A Administración galega promociona os produtos do mar galegos con campañas como GALICIA SABE AMAR, que se puxo en marcha en 2021 tamén co fin de render homenaxe e apoiar o gran labor que realizan os profesionais dos distintos elos da cadea mar-industria de Galicia. Ao longo deste ano puxéronse en marcha catro foodtrucks que levaron por toda a xeografía galega e parte do resto de España petiscos especialmente deseñados para levar o mellor sabor das rías galegas dos que xa disfrutaron máis de 350.000 persoas. Esta iniciativa engloba outras accións dirixidas aos escolares ou á xeración millennial. Ademais, Galicia conta coa marca pescadeRías ¿de onde se non?, un selo de identidade para a promoción e defensa dos peixes e mariscos procedentes da frota artesanal, modelo de pesca sustentable, cunha fama de variedade e calidade que traspasa as nosas fronteiras. Esta marca xurdiu coa idea de que os produtos do mar procedentes da frota artesanal poidan ser claramente diferenciados, dentro da variada oferta que presenta un mercado cada vez máis globalizado e cunha ampla diversidade de produtos. Nesta liña, desenvolve accións divulgativas nas prazas de abastos de toda Galicia para dar a coñecer aquelas especies menos coñecidas polos consumidores. Hoxe este distintivo é unha garantía de frescura, calidade e respecto medioambiental. Dentro das DOP galegas tamén se atopa unha vencellada co mar, Mexillón de Galicia, que certifica o mexillón producido, transformado e elaborado en Galicia, o auténtico mexillón das rías galegas. Esta exclusividade está regulada na lexislación europea sobre denominacións de orixe protexidas e trátase, ademais, dun produto sometido a un rigoroso control que certifica a súa orixe e garante a súa calidade.

Artesanía Alimentaria

Por outra banda, a Xunta puxo en marcha a marca Artesanía Alimentaria, para poñer en valor os produtos agrarios e pesqueiros que se elaboran de forma tradicional, así como para protexer os seus produtores. Trátase dunha novidosa regulación que especifica o que é unha produción artesanal para evitar que se empregue de forma inadecuada este termo ou outros similares como “caseiro” ou “feito na casa”. Así, os procesos de elaboración deben ser tradicionais, a presentación dos produtos debe ser singular para mostrar a súa calidade diferenciada e ten que respectarse en todo momento a norma técnica aprobada para cada tipo de produción. Neste senso, cabe sinalar que se distinguen un total de 16 grupos de produtos entre os que están os lácteos, os cárnicos, os produtos da pesca e da acuicultura, viños, licores, sidra, cervexa e produtos de panadería e confeitería, entre outros.

Uns 350 gandeiros asisten a unha xornada sobre robots de muxido de Lely nunha gandería de Val do Dubra

Uns 350 gandeiros e gandeiras procedentes de toda Galicia, e tamén de Asturias, participaron hoxe nun encontro sobre o emprego de robots de muxido, organizado pola marca holandesa Lely, experta en maquinaria e robótica agrícola. Tivo lugar na Gandería Queirugueira, do Val do Dubra, socia de CLUN. 


A Gandería Queirugueira leva xa catro anos empregando esta tecnoloxía, mediante tres robots e un arrimador de comida, todos da marca Lely. Durante a xornada os asistentes tiveron a oportunidade coñecer o seu funcionamento e as principais vantaxes que lles poden aportar no seu día a día.

“Foi unha xornada moi positiva, no que os gandeiros puideron ver en funcionamento un robot Lely Astronaut A 3 e dous Lely Astronaut A 5, é dicir, o pasado e o presente de Lely. As impresións que levamos foron moi boas, porque os visitantes puideron ver in situ como un matrimonio e unha empregada atenden sen ningún problema unha granxa con 180 vacas en muxido, logrando unha produción media no día de hoxe de 42 litros por vaca. É dicir, grazas á robotización, logran calidade de vida, conseguen resolver o problema da falta de man de obra e incrementan a rendibilidade da granxa”, destaca Juan Alonso, responsable de márketing de Lely en Galicia. 

Un momento do xantar

A robotización da gandería: Unos 370 robots de ordeño ya instalados en Galicia

José Antonio González é un dos técnicos de CLUN especializado en robots de muxido. Explica que acompañan aos gandeiros á hora de valorar en cada caso se incorporar ou non esta tecnoloxía, realizando un estudo de custos e rendibilidade. Nesta liña, sinala que a produción pode incrementarse entre un 8 e un 12% anual por animal. Ademais, apunta que tamén se produce unha mellora desde o punto de vista hixénico-sanitario. E, á hora de conseguir persoal estable, asegura que os potenciais traballadores prefieren operar con tecnoloxía fronte ao sistema manual.

“Cómpre ter en conta que cada robot atende a uns 60 animais e fan tres muxidos ao día, que é o ideal; as explotacións gandeiras normalmente só realizan dous debido á falta de man de obra. Son capaces de levar a cabo o proceso de forma completamente automatizada, o que significa que non é necesario que un operador estea presente durante o muxido, o que aforra tempo e esforzo, favorecendo a flexibilidade horaria e, polo tanto, a conciliación da vida familiar e laboral. Ademais, estas máquinas traballan as 24 horas, o que permite manter ou mesmo ampliar o número de animais. A falta de man de obra, unido a que as novas xeracións apostan por actualizar as explotacións e mellorar a súa calidade de vida, fai que a implantación desta tecnoloxía nas ganderías galegas sexa imparable” -manifesta o técnico de CLUN-.

Por outro lado, con esta tecnoloxía favorécese o benestar animal porque os robots están deseñados para proporcionar unha contorna confortable e tranquila para as vacas durante o muxido. Os animais poden entrar e saír do robot cando o desexen, o que reduce a tensión e mellora a súa comodidade.

Ademais, cada vaca é identificada e monitoreada de forma individualizada polo robot. Isto posibilita un seguimento preciso e en tempo real da produción de leite, do estado de saúde da vaca e outros datos relevantes para os gandeiros. Así mesmo, o robot pode detectar problemas de saúde de xeito temperán, o que axuda a previr enfermidades e mellorar a eficiencia do muxido.

Na actualidade en Galicia hai instalados unos 370 robots de muxido. En canto aos requisitos para que unha gandería poida optar á súa mecanización, os técnicos sinalan que debe dispor de corredores amplos para favorecer o acceso dos robots. Pola súa parte, as vacas deben ter unha determinada morfoloxía tanto de ubres como de patas.

 

Xornada de portas abertas o 9 de novembro en Gandaría Queirugueira, unha granxa con 3 robots Lely Astronaut

O próximo día 9 de novembro, Lely celebrará unha xornada de portas abertas na Gandaría Queirugueira, no Val do Dubra (A Coruña) , a partir das 10:00 e ata as 18:00 horas. A xente que o desexe poderá acudir para coñecer unha gandaría de 180 vacas en muxido con 3 robots Lely Astronaut.

As xornadas de portas abertas son o momento perfecto para coñecer o día a día dunha granxa robotizada e ver como se xestiona o traballo diario nesta gandaría da Coruña.

Gandaría Queirugueira é unha explotación familiar xestionada polo matrimonio de Marcos Blanco e Patricia Vázquez, que exercerán de anfitrións para todo o mundo e contestarán as preguntas dos asistentes sobre o manexo do robot, produción diaria, reprodución, alimentación….Ademais, o persoal comercial de Lely tamén atenderá e resolverá calquera dúbida que os gandeiros poidan ter en relación aos robots de muxido.

Esta gandaría do Val do Dubra leva máis de catro anos traballando con dous Lely Astronaut A5 e cun Lely A3. “Arrincamos primeiro cun A5 e co A3, e seis meses despois puxemos o seguinte A5”, comenta Marcos Blanco.
Queirugueira ten a súa granxa dividida en tres parques diferentes, un por cada robot de muxido. Ademais das 180 cabezas en produción, teñen unhas 400 cabezas en total entre recría e secas. En canto ao terreo, xestionan unhas 115 hectáreas para abastecer aos seus animais de comida.

Con respecto á produción de leite, esta granxa rolda os 41 litros por vaca e día, o que se traduce en máis de 7.000 litros diarios de produción de leite.

A nave, parte de formigón e parte de ferro, foi feita para os robots de muxido e para que cada lote traballase de forma independente.

Os gandeiro Marcos Blando di que “non noto diferenza entre o A3 e os A5, é certo que se a vaca é máis intranquila, o A5 é máis rápido, pero o A3 é tamén unha gran máquina”. No selado si nota algunha diferenza porque “ao selar por láser, o A5 é máis preciso, aínda que por conseguinte tamén lle leva máis tempo esa acción”, apunta.

Onde máis diferenzas atopa é nas entradas aos robots, “as vacas entran e saen mellor dos A5 ao poder facelo recto, iso é unha gran vantaxe, xa que así a vaca non perde nada de tempo nin na entrada nin na saída”, argumenta Marcos.

Cando se lle pregunta ao gandeiro porqué escolleu Lely teno claro, “é o que máis tempo leva no mercado, nós queriamos ir ao seguro, e Lely era e é a mellor opción”. Pasados case cinco anos desde que se puxeron a funcionar os Astronauts en Queirugueira, Marcos non se arrepinte “en absoluto, non sei que pasaría con outra marca, pero sei que fixemos o mellor para nós”.

O traballo diario é en grao sumo levadío para estes gandeiros da Coruña, que ademais contan con dous empregados “para que nos boten unha man no día a día, xa que tamén realizamos todo o traballo de laboreo”, conta Marcos. En canto aos atrasos, arriman vacas dúas veces ao día, “á primeira hora da mañá metemos os atrasos, e logo outra vez sobre o seis da tarde”. Non todos os días arriman as mesmas vacas, “pero é unha cifra que non chega a ser do 10% total do rabaño”, asegura.

Algo fundamental para Marcos e a súa muller Patricia é “ter sempre os robots ben coidados e limpos, dentro de que isto é unha granxa de vacas”, pero non lles gusta “ter as cousas desorganizadas, e para iso os robots son a mellor opción”.

A alimentación tamén é unha parte fundamental para Blanco, “temos unha ración bastante pesada pero moi boa para o animal”, nesta gandaría non dan moito penso no robot, “somos conservadores neste caso”. Desta forma, Marcos di que “as vacas están máis estables e pican máis a produción no pico de lactación, arrincan mellor así, xa que sempre queremos evitar os empachos e os brotes acidóticos”. A media de penso en robot por vaca e por día é de “4,5 kg de concentrado, e así vainos ben, tanto para a saúde da vaca como para as calidades”.

A alimentación das vacas en Gandaría Queirugueira é de 7 kg de concentrado na cornadiza, con 4 kg de gran húmido, 30 de millo, 10 de herba e 300 gramos de palla. “Tentamos que as vacas non se poñan brandas con esta composición de ración”. Marcos asegura que “non por dar máis penso a vaca acode máis ao robot, ten que haber un equilibrio bo e unha achega enerxética extra que axude ao animal a producir máis leite”.

A dixestibilidade e a calidade das forraxes son básicos “para que todo vaia ben, as vacas cunha ración máis dixestible móvense e circulan moito mellor”.

O tres robots de muxido Lely Astronaut contan con áreas de separación, mesmo no lote do A3 teñen unha cama quente que usan como parideira, e así “temos ás vacas máis preto dos robots”. O uso destas áreas de separación é “para vacas máis delicadas e para aqueles animais que non queremos que compitan con outros dentro da corte”. En Queirugueira “non separamos celos, e mesmo usamos esas áreas para secar as vacas dunha forma máis natural, coa ración das vacas secas”.

O tres lotes de muxido úsanos indistintamente, “non distribuímos con ningunha orde lóxica, mesturamos todas as vacas e ímolo xestionando segundo os partos e os secados de cada parque”, explica Marcos. “Antes tiñamos un robot só para as xovencas, pero ao final decidimos mesturar todo, para nós é mellor”.

As xovencas afanse moi rápido ao robot, aínda que para Blanco non hai unha regra establecida, opina que “adoitan ser animais máis áxiles cos que non hai que traballar moito tempo”.

Os cubículos son de ferro e as camas de area, coas cales Marcos asegura que están moi contentos. “Non hai nada que nos encaixase mellor na cama, antes tiñamos carbonato con serrín, pero non é comparable coa area”. Da composición da cama das vacas, di Blanco que “só ten un problema, cando o material cae da cama -ri-”. O rendemento que dá esta cama é “confort e un benestar para a vaca incrible”, apunta o gandeiro.

Para a reprodución, en Gandaría Queirugueira utilizan “seme sexado nas xovencas, salvo que algunha se alargue no tempo, e tamén o usamos coas vacas que son de elite, logo usamos algo de seme convencional para animais máis adultos e carne, porque senón, non teriamos onde meter tanta vaca”.As vacas teñen colares de celo, rumia, inxesta e tensión por calor. “Unha vez entendes ben o sistema non queres outra cousa”. Os colares dan moita información individualizada de cada animal, “todos os datos son sumamente fiables e de interese para nós”, di Marcos. A rumia “fai que nos despreocupemos dos animais, porque nos avisa se a vaca pode ter algún problema”. Para Blanco, “cantos máis datos teñas, mellor podes xestionar todo”.

Os robots Lely Astronaut non teñen ningún extra, salvo a báscula que vén de serie co Lely A3. Para Marcos, os extras “non están mal, pero se tes ás vacas ben, nin os necesitas nin os botas de menos”.

O aumento da produción nesta gandaría coruñesa foi significativo, “foi máis ou menos duns catro litros por vaca e día”, asegura Marcos. “Pero é que ao final nesta granxa houbo moitos cambios, melloramos o confort e as instalacións ao facelas por e para o robot de muxido, pensando sempre no benestar das vacas”. Antes tamén gozaban dunha boa produción, pero o que notan agora en Queirugueira é “que non temos fluctuacións nas producións, estamos mellor e máis estables nese sentido”.Para este gandeiro do Val do Dubra, “canto máis cómodas e mellor estean as vacas, máis leite dan”, por iso buscan sempre o maior confort para todos os seus animais.

Esta granxa conta tamén cun arrimador de comida Lely Juno Flex, algo que para Blanco é “fundamental, sobre todo pola noite, así cando chegas pola mañá todas as vacas teñen a comida ao seu alcance na cornadiza”.

O carro fano unha vez ao día, sempre pola mañá, menos na tempada de máis calor, que o fan dúas veces por día.

Para Marcos, os robots de muxido “deixan moito máis tempo para atender ben a todo, temos moita máis flexibilidade que antes e estamos moi contentos, pero traballar hai que traballar”, finaliza.

Máis de 100 gandeiros coñecen as últimas innovacións de Bayer no cultivo de millo nunha xornada en Frades

Bayer e a súa marca de sementes de millo Dekalb presentaron este luns no concello coruñés de Frades os seus últimos avances no cultivo de millo. Fixérono dentro da xornada Bayer Arena, na que máis dun cento de gandeiros e técnicos visitaron un campo de ensaio na gandería SAT A Pedra.

Recollemos os testemuños do gandeiro e do equipo de Bayer:

Anxo Valiño, responsable de Desarrollo de Bayer na zona Noroeste:

“Estamos nun campo en Frades, que o denominamos Bayer Arena. É un dos 35 campos de ensaio que temos repartidos por toda Galicia, para o avance de produto a nivel local, principalmente na cornixa Cantábrica e en Galicia.

Neste campo, ademais de ter a xenética de presente e sobre todo de futuro, o que fixemos foi reunir a máis de 100 gandeiros arredor do cultivo do millo, non só ensinando xenética senón tamén mostrando cal é a nosa solución na parte dixital e na protección de cultivos.

Aproveitando esta xornada na que reunimos ao redor do cultivo de silo a todos estes gandeiros, aproveitamos para facer un novo lanzamento, un reforzo no noso catálogo, que está liderando o cultivo de millo de silo en Galicia. Falamos dun ciclo 400, que é o DKC 5432, o substituto natural do 5144. Por que o lanzamos? Pois principalmente por un parámetro importante en Galicia que é o stay green. Estes últimos anos tivemos anos complicados de falta de precipitación, co cal, este ano, foi bastante bo comparado cos anos anteriores, pero, históricamente, coa problemática metereolóxica, vemos que o factor de ter híbridos rústicos e con bo stay green, é importante sobre todo, por unha razón, a de conseguir dixestibilidade.

E o DKC 5432 non só supera ao seu predecesor en produción, senón que o supera en stay green e calidade.

O que estamos levando a cabo, a parte dos ensaios de xenética, que evidentemente son importantes para coñecer o presente e o futuro da xenética en millo de silo, é tamén traballar a parte de agronomía; é dicir, todo o que facemos a redor do cultivo, como preparamos as terras, a densidade á cal sementamos, o marco de sementeira….

Resultados positivos con marcos de sementeira de 50 centímetros entre filas

Neste sentido, estamos facendo unha serie de ensaios nos que comparamos marcos de sementeira de 70 cm entre filas respecto a un de 50 e vemos que un marco que nos está satisfacendo máis é o de 50. É dicir, reducir un pouco o marco de sementeira porque con iso aumentamos a distancia entre sementes na propia fila. Con iso cubrimos antes o terreo, co cal estamos favorecendo o control de malas herbas. En segundo lugar, dámoslle máis espazo á planta para poder esparcir a folla e a mazaroca. Ademáis, temos un mellor aproveitamento dos nutrientes do solo, pois pódese expandir mellor a raiz. E en cuarto lugar, temos tamén unha menor evaporación de auga, co cal, nos anos que veñen moi baixos a nivel de precipitacións, vemos que sementar a 50 favorece que non se evapore tanto a auga e quede máis no solo, co cal vaise aproveitar mellor polo cultivo.

Por outra parte tamén aproveitamos para compartir con estes gandeiros a nosa plataforma dixital FieldView que nos axuda a tomar decisións. Así, compartimos cos gandeiros a colleita en directo, unha colleita na cal utilizamos a nosa plataforma para conectarnos en remoto desde esta outra parcela coa colleitadora que estaba a 500 metros colleitando nunha leira na que fixemos sementeira variable de millo. É dicir, en función do potencial productivo de cada unha das partes da parcela, metemos máis ou menos cantidade de sementes, para que o propio cultivo se desenrolase ben e poder sacar a maior cantidade de materia seca por hectárea.

Juan Carlos Sánchez Meijide (SAT A Pedra):

Juan Carlos Sánchez Meijide é un dos socios de SAT A Pedra, a gandería de Frades na que se realizou o campo de ensaio. Nesta granxa traballan unha superficie dunhas 100 hectáreas, das cales en 55 hectáreas sementan millo.

“Agora mesmo estamos con DEKALB e traballamos sobre todo as variedades 500 todos os anos. Algún ano metemos algunha variedade 400.

Os ciclos longos sempre aportan un pouquiño máis de almidón, e nós traballámolos moito porque normalmente deixamos bastante terreo libre, o que nos permite meter este tipo de ciclos e así ter máis tempo. Esta marca, xa traballamos desde hai moitos anos, pero agora desde hai uns poucos anos sementamos todo de DEKALB.

O ano pasado foi unha campaña tirando a boa, non como a deste ano que é bastante boa, creo. Estamos sobre un 35-36% de almidón, e un 33-34% de materia seca.

Este ano é un ano excelente, pola climatoloxía veu un ano moi bo e a planta está moi verde. como ten que estar. Pero si, o ano axuda moito.

Montse Vázquez: Delegada de Bayer para a zona de Galicia, Asturias e Cantabria.

Estamos no concello de Frades, nunha finca da ganadería SAT A Pedra, e o obxectivo da xornada de hoxe é presentar as solucións de Bayer para o ano 2024 e a estratexia de empresa de cara ao futuro.

A día de hoxe Bayer, como empresa lider no mercado, está investindo moitos recursos para poder presentar unha solución ao agricultor. Esta solución implica xenética, protección de cultivos, os fitosanitarios e ferramentas dixitais. Hoxe imos ver novas variedades que serán lanzadas no ano 2024, e, ademais, veremos unha solución de ferramentas dixitais como é FieldView, e faremos unha colleita en vivo.

Neste campo temos variedades que xa se comercializan pero tamén temos variedades experimentais que se lanzarán ou non ao mercado en función dos resultados obtidos nos ensaios.

Blue Cycle, máxima eficiencia dos xurros e reducción de costras e cheiros

Delagro lanza ao mercado un innovador produto que busca optimizar o rendemento dos xurros para potenciar a fertilización tradicional. BLUE CYCLE é un aditivo para xurros composto por diferentes tipos de microorganismos e encimas que aceleran os procesos de descomposición de restos orgánicos ao mesmo tempo que os mineralizan.

O xurro é un recurso moi valioso nas explotacións gandeiras debido á súa importancia como fertilizante natural e a súa capacidade para mellorar a calidade do solo e, polo tanto, o rendemento dos cultivos. O xurro contén nutrientes esenciais para o crecemento das plantas, como nitróxeno, fósforo e potasio, así como macros e micros, que son fundamentais para o desenvolvemento dos cultivos e a produción das colleitas.

Ao utilizar o xurro como fertilizante, os agricultores poden optimizar a aplicación de fertilizantes químicos sintéticos, o que se traduce nun aforro de custos para o agricultor. Tamén ten un impacto positivo na sustentabilidade do sistema agrícola, xa que se diminúe a cantidade de produtos químicos que ingresan ao medio ambiente diminuíndo a pegada de carbono asociada á súa produción, algo que vai en consonancia coas novas lexislacións en toda a Unión Europea en materia ambiental.

Até o 50% do nitróxeno que se achega en abonado pode perderse por volatilización ou lixiviado. En ambos os casos prodúcese un prexuízo económico e medio ambiental. As perdas de nitróxeno poden acabar tanto na atmosfera, en forma de gases nocivos para a saúde e gases de efecto invernadoiro, como filtrarse a augas subterráneas destinadas ao consumo humano. Ao mesmo tempo, debido a estas perdas, o gandeiro está a desaproveitar gran parte do valor fertilizante do xurro, polo que terá que recorrer ao uso de máis fertilizantes de orixe química, co consecuente gasto que iso supón.

BLUE CYCLE é o produto máis completo para a optimización e mellora dos xurros que podemos atopar a día de hoxe no mercado. Ten como principal obxectivo axudar ao gandeiro a optimizar a fertilización e mellorar o manexo do xurro, xa que evita a formación de costras e malos cheiros. Isto tradúcese en que o tempo de manipulación e batido do xurro redúcese, producindo un aforro de custos e tempo moi importantes.

Outro dos beneficios que podemos obter con BLUE CYCLE é evitar a perda de nitróxeno amoniacal, un elemento fundamental na fertilización, evitando así perdas por volatilización ou lixiviado. Con isto, conseguimos aumentar o valor fertilizante do xurro, maximizando a dispoñibilidade de nutrientes para os cultivos, o que se traduce nunha maior produción.

Os microorganismos presentes neste produto axudan a mitigar as emisións de amoníaco, outros gases nocivos e malos cheiros que se producen como consecuencia da descomposición dos residuos, o que reduce o impacto ambiental do uso do xurro.

BLUE CYCLE é unha formulación líquida que se aplica directamente nos corredores, emparrillados ou na fosa. A súa aplicación fácil e sinxela garante ao gandeiro un mellor uso e manexo dos xurros. Delagro, conxuntamente con Alltech, pon a disposición do gandeiro unha solución nova, sustentable e innovadora cuxo obxectivo é contribuír a mellorar a rendibilidade e eficiencia das granxas.

Mostra do efecto de Blue Cycle na fosa de xurro: Á dereita aplicouse o produto e está máis líquido o xurro e sen costra que na parte da esquerda, onde non se aplicou

Para máis información:

Daniel Baizan. Product Manager Blue Cycle Delagro
daniel.baizan@delagro.org / 636264718

 

“Para maximizar o rendemento do cultivo do millo, a aplicación de bioestimulantes é clave”

Son moitos os factores que poden impedir un correcto desenvolvemento da planta de millo, e moito o que está en xogo respecto dos resultados da colleita. Poder proporcionar ao cultivo as ferramentas para facer fronte a condicións adversas, permítenos evitar que as plantas cheguen a padecer situacións limitantes que ocasionen unha perda de rendemento.

“A tensión da planta pode deberse a factores ambientais como a falta de auga pero tamén pode vir provocada por desequilibrios na nutrición do chan. O primeiro que temos que ter claro, mesmo antes do momento da sementeira, é a importancia de que o solo estea equilibrado e que posúa todos os nutrientes necesarios, polo que é altamente recomendable levar a cabo analíticas da terra coas que detectar posibles carencias. Noutras palabras: se o solo está mal equilibrado partimos dunha base que vai impedir que a planta poida despregar todo o seu potencial produtivo, a mellor variedade nun solo desequilibrado convértese nunha variedade común”, explica Alonso López, Asesor técnico comercial de Delagro.

Unha vez teñamos identificadas as características e as necesidades da finca e do cultivo, é momento de seleccionar que tipo de produtos podemos utilizar en función dos posibles desequilibrios detectados e os requirimentos específicos de cada etapa de crecemento. “Existe unha gran variedade de produtos destinados á nutrición foliar do cultivo e que nos permiten axudar á planta a facer fronte a factores bióticos e abióticos que dificultan a evolución óptima do cultivo, e que ademais son respectuosos co medioambiente”.

Á pregunta, ¿poden os bioestimulantes mellorar a estrutura do solo? Sen ningunha dúbida, existe un efecto positivo dos bioestimulantes nas propiedades biolóxicas do chan, nas actividades encimáticas e no incremento da biomasa bacteriana e fúnxica do mesmo. Prodúcese tamén un aumento da bioactividade que permite transformar os nutrientes orgánicos en formas minerais dispoñibles para as plantas, máis rapidamente, aumentando o aproveitamento dos nutrientes dispoñibles no solo.

Por que é tan importante previr que se alcancen situacións de tensións? Así o explica o asesor de Delagro: “Ante a falta de auga, as xeadas ou altas temperaturas, a planta non aproveita todos os nutrientes que ten o chan e isto pode comprometer os resultados da colleita. Por iso é polo que é fundamental poder evitar que se produzan estes episodios, maximizando a eficiencia e eficacia nutricional para a planta a través da prevención”.

“En Delagro queremos ofrecer a gandeiros e agricultores das nosas cooperativas socias solucións que lles axuden a incrementar a produtividade dos seus cultivos, por iso dispomos de produtos innovadores que teñen como obxectivo protexer á planta nas súas primeiras fases de crecemento ante posibles agresións externas e desta forma propiciar un bo desenvolvemento vexetativo. Se a planta se desenvolve máis forte e máis sa a conclusión é que vai producir máis e de mellor calidade. Máis produción de boa calidade tradúcese nunha maior rendibilidade por hectárea para o gandeiro”, detalla Alonso Lopez.

Un exemplo destes produtos, que ademais supoñen unha novidade no mercado, son os nutricionais foliares de Yara. “En xeral, son produtos de aplicación foliar que se caracterizan por ser respectuosos co medio ambiente, supondo un gran avance ao ofrecer produtos novos e sustentables que complementan o uso de fertilizantes convencionais. A súa función é pór a disposición das plantas os nutrientes principais para que desenvolvan todo o seu potencial e poidan facer fronte á tensión abiótica á que se ven sometidas”.

“Achegar extractos de algas demostrou ser un recurso moi valioso para activar os mecanismos naturais de defensa da planta, beneficios observados no crecemento, a sanidade e o rendemento dos cultivos e que se atribuíu en parte á subministración de nutrientes esenciais pola degradación da materia orgánica e á mellora das características do chan. As algas en xeral, e especialmente Ascophyllum nodosum, son especies con elevado contido en fibra, macro e microelementos, aminoácidos, vitaminas e fitohormonas. Este é o caso, o bioestimulante Optitrac de Yara con tecnoloxía Biotryg, que consegue que as plantas estean máis fortes e sexan menos susceptibles fronte a posibles ataques de pragas e enfermidades”.

“Yara ofrece tamén os seguintes produtos deseñados tecnicamente co obxectivo de achegar valor; YaraVita LAST N, formulación nitroxenada enriquecida cuxa función é axudar á planta a maximizar a asimilación do nitróxeno e YaraVita MILLO, que inclúe a nutrientes clave nos primeiros estadíos vexetativos e é un produto altamente mezclable con outros agroquímicos, o que evita aplicacións específicas e propicia un aforro en tempo e diñeiro”.

En conclusión, “o que conseguimos apostando pola aplicación destes produtos, partindo sempre dun solo ben equilibrado, é lograr que a planta estea máis preparada para afrontar situacións de tensións (climatolóxicas, deficiencias/excesos do solo, falta de auga, pragas e enfermidades) o que deriva nun mellor desenvolvemento e un óptimo aproveitamento do potencial da variedade, mellorando o rendemento e, en definitiva, a rendibilidade”.

Para máis información pregunta na túa cooperativa, chámanos ao 981 519 920 ou escribe a delagro@delagro.org

Egalis™, inoculantes para ensilado para maximizar a protección de nutrientes e da materia seca

Os ensilados, tanto de herba como de millo, constitúen o núcleo da alimentación da maioría das ganderia de vacún de leite, e cada vez máis tamén en vacún de carne. Con todo, non todo o ensilado producido chegará a converterse en alimento. Desde o cultivo da forraxe até a súa colleita en fresco e o posterior almacenamento, o valor do alimento diminúe e a cantidade física tamén, até nun 25%! Isto pode prexudicar o rendemento dos animais e aumentar os custos de alimentación.

Egalis™ é unha nova gama de inoculantes para ensilados de alta calidade de Alltech® que maximiza a calidade dos nutrientes, reduce as perdas de materia seca e incrementa o rendemento dos animais. Isto significa que disporá de máis ensilado para alimentar aos animais, de mellor calidade; e menos preocupacións sobre o desperdicio de alimento. A través dunha maior palatabilidade e inxesta de materia seca, Egalis contribúe a unha produción de leite e carne máis rendibles.

Egalis™ Ferment

Adecuado para o seu uso en todo tipo de forraxes, desde ensilado de herba até cultivos enteiros, Egalis Ferment impulsa de maneira eficiente e rápida a fermentación a un pH final estable. Está composto por Lactiplantibacillus plantarum e Pediococcus pentosaceus, que traballan sinérgicamente para obter o pH final requirido, independentemente da materia seca ou a capacidade amortiguadora da forraxe.

Beneficios. 

Maximiza a protección dos nutrientes
Reduce a perda de materia seca
Máis ensilado para alimentación dos animais

Egalis™ Rápid

Especificamente formulado para todo tipo de ensilaxe de millo ou millo e sorgo, Egalis Rapid promove a fermentación láctica e mantén simultaneamente a materia seca, a dixestibilidade e a palatabilidade. Está formulado aproveitando o rápido crecemento de Pediococcus pentosaceus e Lacticaseibacillus rhamnosus.

Beneficios: 

Permite obter máis materia seca
Promove a dixestibilidade no ensilado final
Optimiza a eficiencia das vacas leiteiras e do vacún de carne

Egalis™ Stability

Adecuado para o seu uso en todo tipo de forraxes, especialmente en casos de quecemento ou de alto contido en materia seca, Egalis Stability axuda a inhibir o crecemento de fermentos e mofos e mellora a estabilidade do ensilado na ración. Está formulado utilizando Lactiplantibacillus plantarum e Pediococcus pentosaceus en combinación co sorbato de potasio, altamente antifúnxico.

Beneficios: 

Axuda a que o ensilado mantéñase máis fresco no silo, na ración total mesturada (TMR) e durante o tempo de consumo da ración.
Permite obter máis materia seca
Promove a dixestibilidade e a produción de enerxía no animal