Subas nos prezos de Ternera Gallega Suprema

Subas nos prezos de Ternera Gallega Suprema

Animais no recinto feiral de Amio. // Foto de arquivo.

A Mesa de Prezos da IXP Ternera Gallega no Mercado de gando de Amio, que marca cada semana cotizacións de referencia para o sector, acordou unha suba de 3 céntimos en todas as canais de Suprema.

Mentres, a sondaxe realizada entre os usuarios do mercado amosa que os prezos se manteñen semellantes á sesión anterior para tódolos tipos e as caliades do gando, tanto de cebo como para carne. Apréciase unha tendencia á baixa nos prezos das canais de vacún mediano, especialmente as de pesos superiores a 180 quilos.

En canto á asistencia, a sesión deste mércores contou con 1.938 reses, 63 máis que a pasada semana. Houbo 1.561 cabezas de vacún menor, 42 máis que a feira anterior, 181 de vacún mediano ( 5 máis) e 196 de vacún grande (16 reses máis).

Máis información
– Táboa de cotizacións de Amio (4-VIII-2021).

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información