O Mercado de gando de Amio rexistrou este mércores unha suba de 5 euros na recría de raza frisoa, tal e como se extrae da sondaxe realizada entre os asistentes á feira por parte da organización.
Pola súa parte, a mesa de prezos de Ternera Gallega acordaron manter sen cambios as cotizacións para todas as categorías e calidades de gando.
En canto á asistencia, houbo 1.895 reses, o que supón 155 máis que a sesión pasada. En concreto contabilizáronse 1.576 cabezas de vacún menor, 107 máis que na sesión anterior. Houbo 96 de vacún mediano (4 máis) e 169 de vacún grande (10 reses menos).
Máis información
–Táboa de cotizacións de Amio (25-I-2023).