Volve este domingo a Feira de Gando de Seoane do Courel, coa poxa de xovencas de Acruga

A saída da poxa de 4 xovencas preñadas de raza Rubia Galega comezará á 12.00 hora e , arrincará en 2.000 euros

Volve este domingo a Feira de Gando de Seoane do Courel, coa poxa de xovencas de Acruga

A Asociación de Criadores de Raza Rubia Galega (ACRUGA) regresa este ano ao municipio de Folgoso do Courel para celebrar en Seoane a terceira edición da feira de gando, despois dun parón de tres anos, por mor da pandemia e da inmobilización de gando que impediu a poxa do pasado ano. Para recuperar por fin este evento, Acruga presentará catro xovencas preñadas, para as que se fixou un prezo de saída de 2.000 euros, procedentes todas elas do centro de recría da Granxa Gayoso Castro, dependente da Deputación de Lugo.

A poxa deste catro xovencas, con idades comprendidas entre os 23 e 24 meses e preñadas todas elas de algo máis de tres meses, comezará ás 12.00 e para poxar por algún destes exemplares deberá retirarse o cartón de comprador, desde as 11.00 da mañá. Para incentivar a compra destes animais e como apoio á raza autóctona de carne de Galicia, Caixa Rural ofrece unha axuda á compra de 200 euros por exemplar.

Desde a asociación, o seu presidente César Dorado confía en lograr bos resultados na poxa do domingo. “Volvemos a Seoane para celebrar unha poxa que nas dúas primeiras edicións estaba a funcionar moi ben, con éxito de público e tamén de vendas, xa que a raza rubia galega cada vez está a ter máis peso nas explotacións lucenses e iso tamén afecta a Folgoso do Courel”, explica. De feito, neste concello hai actualmente 15 explotacións de rubia galega, cun total de 314 exemplares.

As próximas citas para a poxa de novillas de ACRUGA serán o día 13 de maio en Cervantes e na Fonsagrada para o próximo día 20.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información