As cotizacións do gando sinaladas cada semana nas mesas de prezos de Amio mantéñense esta semana sen cambios salvo no referente ó gando de recría frisón. Os machos frisóns soben 5 euros. A única excepción dáse nos animais lactantes de calidade inferior, que soben 20 euros por razóns de axuste técnico.
A Mesa de Prezos de Abasto repite cotizacións no resto de categorías, tanto en becerros de abasto como en vacún maior, se ben en vacún maior apréciase unha tendencia á baixa polo aumento da oferta nos matadoiros.
En Ternera Gallega, a Mesa de Prezos da IXP acordou por maioría de votos manter os valores da anterior sesión.
Máis información
– Táboa de prezos de Amio (10-V-2017).